Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: Os de infantil plantamos e coidamos tres tipos de leitugas no invernadoiro do colexio

Dentro do proxecto de centro "Eco-Bio-San 2.0" desde curso,  todos os compañeiros e compañeiras do colexio, imos plantar e coidar diferentes plantas no noso invernadoiro.

No caso dos de infantil, teremos que plantar e coidar, ó longo das vindeiras semanas, tres tipos diferentes de leitugas.

 

O primeiro foi visitar o invernadoiro para ver onde teríamos que plantalas, como se chamaba cada elemento, etc.

 

Con isto claro, observamos e falamos sobre os tres tipos de leitugas que teríamos que plantar, que eran aínda moi pequeniñas.

 

Para saber como plantalas e, por suposto, para saber como coidalas despois, investigamos e descubrimos, a través de diferentes vídeos, todo o que precisábamos saber. Podes atopar estes vídeos no recanto de infantil, no apartado vídeos.

 

Preparamos o cartel da nosa planta, escribindo o nome "LEITUGA", a data e curso se encargaba de facelo. Colgaríamos este cartel enriba do noso bancal, no invernadorio.

  

Recollimos algo de compost do noso "composteiro" para que servira de abono, e ata atopamos algún verme facendo o seu traballo (que por suposto metimos de novo no composteiro)

 

Con todo preparado, marchamos cara o invernadoiro para poñernos "mans á obra".

  

Unha vez alí fomos plantando cada tipo de leituga, entre todos e todas, seguindo os consellos que miráramos no vídeo.

 

Ata que quedaron todas listas. Regámolas por primeira vez e tan só queda agardar a que vaian medrando.

  

Como podedes ver os compañeiros e compañeiras dos outros cursos, xa foron plantando tamén o que lles correspondía.

  

Ó longo da semana temos un horario, con difrentes días, nos que iremos a regalas, entre as dúas aulas de infantil. 

 

Xa vos iremos contando en vindeiras semanas como van medrando as nosas leitugas no invernadorio, e como ímos completando o "caderno de campo", para facer un seguimento do crecemento.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 10 invitados conectados.