Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2021-2022) Efemérides, formigas de plastilina e moitas apertas

Hola a todos e todas! Un día máis tarde do habitual, pero xa estamos de volta coa publicación desta semana. Agora que xa controlamos mellor as nosas rutinas, e estamos a asimilar as normas, cada vez temos tempo de facer actividades en grupo. Un exemplo disto é a nosa visita a clase de robótica ou a celebración dos aniversarios. Pero cando estamos na clase tamén facemos moitas cousas, como por exemplo:

Traballamos as efemérides de outubro

Ao longo de ano hay moitos días que celebramos: a Navidade, os nosos aniversarios, o Samaín... Hay moitas datas importantes que todos e todas coñecemos, pero o que moita xente non sabe, é que todos os días hay algo que celebrar. Por iso, baixo a premisa: "¿Sabedes o que pasou fai "x" anos?", na clase empezamos a elaborar un calendario de datas sinaladas onde celebramos e traballamos absolutamente todo: bailamos cos Beatles, buscamos países no globo terráqueo, construímos un edificio, tinximos e pintamos con cereais... E moitas putras cousas que iremos ensinando semana a semana!

Divertímonos moito traballando con Zaira e Marta

Na clase nunca estamos solos e solas... nin moito menos! Ao longo da mañá temos moitas visitas, algunhas delas son as das nosas especialistas en PT e AL, Zaira e Marta. Como podedes ver nas fotos, non só facemos cousas super chulas, tamén as queremos tanto como elas nos queren a nós!

Aprendemos máis sobre a ira

Agora que xa nos presentaron a alegría e tristeza, e sabemos que ambas son máis importantes, chega o momento de coñocer a un tercer amigo: ira. A ira é necesaria, e está presente en moitos momentos ao longo da xornada. Como pasa con alegría e tristeza, é importante, pero e necesario aprender a controlala. Así que despois de falar das situacións que nos provocan ira, e que podemos facer para calmarnos, continuamos elaborando o noso mural das emocións coas nosas mellores caras de enfado!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 11 invitados conectados.