Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2021-2022) O noso primer experimento e resumo de actividades do mes

Hola a todos e todas! Aínda que non publicasemos nada nestas últimas dúas semanas, estivemos moi ocupados e ocupadas con toda clase de actividades. Dende visitas a aula, ata experimentos e toda clase de xogos. Queredes saber máis? Aquí tedes un breve resumo!

Calendario de efemérides

Este mes comezamos unha actividade que tivo unha acollida bastante boa por parte da clase. Cada día celebramos o aniversario de distintos acontecementos: nacementos de persoas importantes na historia, aniversarios de momentos significativos... e cada celebración vai acompañada dun xogo ou actividade distinta. Durante estas dúas semanas, por exemplo falamos de superalimentos, buscamos lugares no globo terráqueo, tocamos o piano... E así continuaremos, porque todos os dias son motivo dunha nova celebración.

Visitas das profes e actividades divertidas

Ao longo da semana recibimos as visitas de moitos profes: Bea, Paulo, Jose Luis, Marta, Zaira, Lourdes, Óscar... e sobra dicir que todos e todas estamos encantados de que estén con nós na clase! Esta semana alegrámonos especialmente de ver á profe Marta, como se pode ver nas fotos, e tamén fixemos un xogo moi interesante con tarxetas e paus de cores coa profe Zaira. Todos quedamos con ganas de repetir!

Experimento con luz negra

Agora que xa estamos totalmente adaptados e adaptadas ao cole, puidemos comezar con algún dos "clásicos" do noso cole, como son os experimentos mensuais. Sobra dicir que tanto alumnos e alumnas, como o propio profe, estaban desexando participar nesta iniciativa. O primer experimento foi fabricar a nosa propia linterna de luz negra para iluminar tinta a escuras. Todos colaboramos, pintamos e tivemos a oportunidade de usar a linterna para ver os nosos debuxos brillar na escuridade. Foi moi divertido, e moi pronto estará disponible o video no que os compañeiros e compañeiras de EI2 explican os pasos a seguir para facelo. Seguro que vos divertides tanto cando o vexades, como nos cando o fixemos!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.