(2021-2022) Falamos con Santa Claus por vídeo-conferencia
O pasado 13 de decembro, organizada pola Biblioteca pública do Concello de Campo Lameiro e o CEMIT, participamos nunha vídeo-conferencia con Santa Claus.
Cando chegamos estaba Cruz, a encargada da biblioteca, agardándonos, para ensinarnos como tiñan decorada a Biblioteca polo Nadal; mentras agardábamos a conexión con Santa Claus.
Despois de agardar un anaco, por fin comezou a vídeo-conferencia con Papá Noel.
Cada quen puido falar con el e pedirlle o que quería, usando o micrófono.
Cando rematamos, despois de despedirnos de Santa Claus, visitamos os adornos que había alí ó lado, preto da Casa do Concello.
Había un pequeno pobo de Nadal en miniatura. Cruz contounos todo o que alí había. Ata un buzón para deixar as cartas.
Antes de marchar fixemos unha fotografía todos xuntos e xuntas, dentro do regalo xigante que atopamos diante do edificio do Concelllo.