Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2021-2022) 21/2/2022: AS FAMILIAS LEN...

O programa de Familias lectoras posto en marcha desde a biblioteca escolar,  pretende dinamizar a colaboración necesaria entre as familias e o centro para conseguir o desarrollo do hábito lector e a mellora da competencia lingüística do alumnado.

Así,animamos a todas as familias a que participen e se acheguen ao centro  para deleitarnos coas súas lecturas...

Aquí temos a unha mamá voluntaria que nos veu a ler un ratiño.....

E, claro, o público estaba expectante, atentos á lectura e sen perder detalle...

E, como non podía ser doutra maneira, quedamos moi agradecidos, así que, aí vai.... cun libro e unha flor...

Grazas!!!!!!!

E non rematammos aquí...

Tivemos outra mamá lectora na biblio...

Nótase que aos máis pequenos gústalles moito que lles lean...

Que ben !!!!! Así dá gusto !!!!!!

E, como premio por facelo tan ben, un abrazo enorrrrrrrme!!! Bueno, e un agasallo de agradecemento pola colaboración!!!!!

GRAZAS!!!!!!!

Vir a ler é moi doado. Tan solo se necesitan un pouquiño de ganas, un libro entretido, e do demais xa nos encargamos nós!!!!!

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!! Dicídenos o día que queredes, e organizaremos a visita.

Hoxe tivemos outra mamá lectora na biblio que lle veu a ler ao alummnado de infantil

Gústanos moito que as familias compartan con nós estes momentos de lectura, e que se sintan integradas no cole, e nas actividades que organizamos...

Aos máis pequenos tamén lles gusta, non hai máis que verlles as caras...

Atentos e sen pestanexar....

E, como remate, que mellor que levar un agasallo e un bo abrazo dos nosos/as pequechos!as !!!!!!!!!

MOITAS GRAZAS !!!!!!!

E seguimos desfrutando do gusto pola lectura con máis visitas á nosa biblio...

Esta vez contamos coa avoa de Ana e de Lucas...

 

Este día por partida dobre...agora aos de 5º e 6º...

Parece que lles está gustando...

E, para rematar, Ana fíxolle un agasallo a súa avoa porque leu moi moi ben...e pola visita claro....

E, seguimos lendo e descubrindo novas historias...

A mamá  de Nayra decubriunos historias dunhas mulleres fantásticas

Esta vez ocurríusenos facer a lectura fóra, nesas mesiñas que mercamos para ler cando fai sol...

E alí agardábanos o papá de Laura que viña cargado de libros para deleitarnos a todos/as

Desde Julio Verne ata un home que tiña un nome moi raro...Torcuato!!!

Vaia éxito de participación!!!!!!!!!!! Estamos moi contentos/as porque as familias acudiron á nosa chamada e animáronse a ler un pouquiño aos rapaces...

Esta vez veunos visitar a mamá de Lara e Matías...

E...viña cunha cargadiña de polvos para avivar a imaxinación...

Así, reparteu  por todas as cabezas os polviños máxicos...

E tamén nos regalou unhas tarxetiñas dun libro moii especial...Podiamos poñerlle o final que quixeramos...

Nós tamén lle tiñamos un regaliño...e quen mellor para entregarllo que Matías?????

Outra visita moi agradable, que nos gustou moito, foi a mamá de Lucas e Ana...

Tampouco Marta se foi coas vacías...un agasallo que lle entregaron Ana e Lucas con moito amorrrrrrr

Queredes saber se viñeron máis mamás????

Botade un ollo::::

A mamá de Uxía e Anxo tamén levou un agasallo. E alí estaba Uxía para entregarllo, eso sí con moito amor...

A verdade, tivemos moitas visitas... de mamás, papás, avoas... todos/as con moitas gañas de contar...

A avoa de Sara tamén nos visitou...e tamén nos contou...

E como non podía ser doutra maneira, tamén Sara lle entregou un agasallo que tiñamos preparado para a ocasión...

A mamá de Julia leulles aos máis pequenos/as. Mirade con atención seguen a súa historia...

Bueno, uns máis atentos que outros...pero quen se resiste a saír na foto???

Quen lle fai entrega do agasallo á mamá de Julia???????  Pois aí as tendes...as dúas á vez...por si acaso...

Que familias tan lectoras!!!!!!!!

Outra visita que tivemos foi a mamá de Manuel...

E, claro, fíxoo tan ben que Manuel lle entregou un pequeno agasallo....

Tamén recibimos con moita satisfacción a Lara, antigua alumna deste centro, e irmá de Mariña...

Como nos gusta que os antigos/as  alumnos/as nos fagan visitas...e, se nos veñen a contar historias, moito mellor!!!!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 8 invitados conectados.