Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2022-2023) Unha carreira pola paz

Ola a todos e todas! Casi a mediados de febreiro xa está lista a nosa entrada relacionada coa celebración do Día da Paz. O motivo? Moi sinxelo. O Día da Paz é tan importante que no noso colexio, o traballo nin comeza nin remata o 30 de xaneiro; vai moito mái alá. No noso caso, e como puidechedes ver en anteriores publicacións, dedicamos as semanas previas a organizar, publicitar e conversar sobre a importancia da 1ª Carreira pola Paz.

Chegada a data do evento, xuntámonos familias, docentes e alumnado; e camiñamos todos xuntos nunha marcha pola paz ata o campo de fútbol do concello, onde levamos a cabo a carreira.

Unha vez alí, o mestre de Educación Física, fixo unha breve presentación agradecendo a colaboración e explicando cales eran os distintos recorridos que alumnado e familias terían que facer dependendo da idade dos distintos grupos.

E xa con todos os previos listos, chegou o momento de correr. A actividade constou de catro categorías:

  • Educación Infantil
  • 1º e 2º
  • 3º e 4º
  • 5º e 6º

Durante a carreira, as familias acompañaron a cada alumno e alumna cos que viñan; pero tamén tiveron o importante papel de animar ao alumnado e transmitirlle toda a forza e as ganas para completar este reto. Os nenos e nenas o pasaron xenial, pero tamén as familias e ata os profes, que tiveron a sua propia carreira!

Despois de un esforzo como este, cada participante recibiu a súa botella de auga e sentouse... pero non a descansa, senón a animar aos compañeiros e compañeiras que participaban nas seguintes categorías. Non houbo persoas que gañaron nin perderon; todo o mundo gañou porque a recolecta de alimentos, roupa e productos de hixiene; e a participación foi o maior premio que se pode ter.

Así que xa coa nosa chapa de regalo por participar, fixemos fotos grupais para gardar un recordo de un día tan divertido e no que quedou reflexada a solidaridade das familias do noso colexio.

Os seguinte días xa de febreiro, continuamos recolectando para obter as máximas doazóns posibles. E finalmente, o día 14, a asociación acudiu a recoller todos os artículos recolectados, que xa están de camiño a cumprir o seu obxectivo: axudar a aqueles que máis o necesitan.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.