Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2022-2023) O 8M é violeta e verde

Ola a todos e todas! Estamos de volta cunha nova publicación, esta vez para contarvos como pasamos no noso colexio a conmemoración do 8 de Marzo: Día da Muller.

Tras baraxar distintas propostas, ao final nos decantamos por celebrar a vida de mulleres ecoloxistas, que non sempre recibiron a visibilidade que merecen. Deste xeito, non só puxemos en valor o seu traballo, senón que aprendemos que unha soa persoa, cos seus actos, pode cambiar o mundo.

Para comezar, cada aula seleccionou a unha destas mulleres, co compromiso de investigar sobre as suas vidas e o seu traballo; co fin de elaborar un cartel informativo.

Unha vez o tivemos feito, pasamos á segunda parte da actividade. O propio día 8 de marzo, colgamos os carteis no exterior das aulas, de xeito que todos os compañeiros e compañeiras do colexio puideran apreciar os resultados de cada investigación.

E isto non é todo, ademais de compartir o cartel co resto do colexio, tamén fixemos un pequeno cambio ao nome das nosas aulas. Decidimos facer desaparecer as habituais placas co nome dos cursos, para renombralas co nome das mulleres que investigamos. Deste xeito o recordo do seu traballo poderá extenderse máis alá do 8 de marzo.

E xa con todo preparado, chegou o momento de dar a volta ao cole e aprender sobre a vida de Berta Caceres, Rachel Carson, Jane Goodall, Wangari Mathai e Vandana Shiva. E o fixemos de mans dos mellores expertos e expertas posibles... o propio alumnado!

Pero isto non é todo. Como acto simbólico para poñer un lazo de oro á conmemoración do 8M, e poñendo en práctica as ensinanzas sobre ecoloxía das mulleres antes mencionadas, levantamos no noso patio unha cabana de vimbio vivo. Unha cabana dentro da que nos poidamos sentir en contacto coa natureza, pero a mesmo tempo libres, protexidos e protexidas; e sen diferencias. Aportando así o noso graniño de area a un mundo máis verde, pero tamén máis igualitario.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.