Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Calendario de Advento rupestre 2023

Ao longo dos meses do primeiro trimestre, estivemos a traballar conxuntamente co persoal do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro para crear un Calendario de Advento rupestre. A idea era que cada aula se fixera cargo da elboración de tres xogos con temática rupestre, e que logo ese xogos se convertiran en agasallos para outros compañeiros e compañeiras da escola. De ahí que, baixo a coordinación das dinamizacións de biblioteca e convivencia, comezamos a traballar en crear os distintos xogos.

Despois de moito traballo, a idea era que cada día do mes de decembro se descubrira un xogo novo relacionado co mundo da arte rupestre. Así, dende o día 1 de decembro iriamos abrindo e xogando aos xogos elaborados polos alumnos/as do centro. Pero aínda non sabiamos de que xeito podíamos gardar todos os agasallos que tiñamos preparados, así que decidimos construir unha aldea de Nadal en miniatura que, nos seus fogares, escondía agasallos para todos os nenos e nenas da escola.

O resultado foi espectacular, pois creamos dende pasapalabras, pasando polo comecocos ou o tres en raia, ata a creación dunha zona de excavación arqueolóxica. E para que todos e todas o puideramos desfrutar, o Porco Espín Serafín, a mascota da nosa biblioteca, elaborou un calendario para a apertura dos agasallos cada día de decembro. E a continuación, dende a dinamización da convivencia, organizáronse sesións de xogo conxunto entre aulas, onde cada grupo explicou como se utilizaban os xogos... Procurando reforzar as relacións entre o noso alumnado, coa nosa biblioteca sendo o centro neurálxico para o desenvolvemento desta actividade. De feito, velaquí podedes ver un vídeo resumo de todo o que fixemos. Esperamos que vos guste!!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.