Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Trescentas actividades para os trescentos días que durou xaneiro

Quen dixo que xaneiro dura 31 días, minte de forma descarada. Xaneiro dura, como mínimo 300 días, ou al menos iso foi o que pareceu xuzgando por todo o que fixemos o último mes. A continuación, faremos un breve resumo dalgunhas das actividades máis destacadas dende a volta das vacacións da Nadal.

Na nosa clase sempre facemos un oco para a expresión artística e a creatividade, iso si, aplicando distintas técnicas. Este mes creamos inspirándonos en obras de artistas que descubrimos a través do noso calendario de efemérides, o que nos levou a crear con formas, difusores de cores, auga, goteiros, recortes das nosas cousas favoritas... e moito máis!

Non nos podemos esquecer do cumple da nosa compañeira Zahara, que cumpliu 4 anos. Un día tan importante requiriu unha celebración acorde coa sua tarta, a súa camiseta de regalo, a súa coroa para a celebración, a súa festa... O pasamos xenial, e ademáis foi o primeiro cumple de Zahara dende que chegou ao cole, así que seguro que queda no seu recordo con agarimo para moito tempo.

Outra actividade que ocupou bastante do noso tempo, foi a celebración da "II Carreira Solidaria pola Paz", un evento que acollimos con moita ilusión e ganas. Fixemos un inventario das doazóns que recollimos na nosa clase, o cal nos permitiu traballar lectoescritura e conteo ao mesmo tempo; e ademáis axudamos cos numerosos preparativos para celebrar a carreira. Foi super divertido, pois sempre e xenial reunir a toda a comunidade educativa para actividades coma esta.

Este apartado que ven agora é unha mestura de actividades que fixemos como parte do noso calendario tan especial, xogos e demáis situcións que foron surxindo na aula. Como xa sabedes isto é Educación Infantil, e aínda que as semanas e o traballos sempre están programadas, sempre hai espazo para a improvisación e para facer paradas para indagar nos distintos intereses e focos de aprendizaxe de nenos e nenas. Por iso aquí podedes atopar momentos como merendas ao sol, colgantes de flores, xogos de mesa, elaboración de avións de papel, actividades de motricidade... E ollo, que pode ser que grazas a falar de Caroline Herschel como parte de "Revolucionarias", o noso PDI de biblioteca dentro do marco de CPInclúe - Iguala-T, atopasemos a nosa temática para o proxecto deste curso... Podedes adiviñar cal é?

Como na nosa clase vivimos co lema: "Mellor tarde que nunca". POR FIN, comezamos a facer a proposta de temas para o noso proxecto de aula. Durante a votación, xuntamos os nosos calendarios como apoio para propor posibles temas de investigación. Mickey Mouse, os planetas, sillas, gatos... As propostas foron do máis variopintas, agora só nos queda votar para decidir con cal nos quedamos.

Ao mesmo tempo, seguimos traballando a lectoescritura, centrando cada semana nunha letra. Cal? Pois a que desparece da nosa clase, pois aínda que temos o alfabeto colgando do teito, as letras sempre atopan o xeito de escapar, coller a maleta e ir polo cole en busca de aventuras. Por sorte, os nosos nenos e nenas son grandes detectives e sempre atopan as letras desaparecidas, e tamén as súas maletas que poden traer dende laurel ata esencia de vainilla.

Este mes foi o noso turno de facernos cargo do experimento, así que puxémonos mans a obra para descubrir que pasa cando mezclamos auga con pementa, e como actúa o xabón cando entra en contacto con ela. Os resultados foron unha gran sorpresa, pero creo que mellor que a miña explicación, e mellor que vexades como sucedeu todo a cargo de Yara, Zahara e Matías. Por suposto, ao reamatar rexistramos o proceso e os resultados no noso caderno para deixar constancia de todo.

Outras das horas máis divertidas da semana é a hora de alternativa a relixión, onde sempre facemos manualidades moi chulas. Este mes creamos unha nube co arco de vella usando algodóns e paus de madeira, ademáis de pintar un cadro soplando con paxiñas de plástico. Pero isto non é nada, solo agardade a ver o que temos preparado para febreiro...

Na nosa clase hai moitos nenos e nenas maiores que pasan a primeiro, e como as suman xa están máis que entendidas, este mes comezamos a traballalas en papel. O que facemos e relacionar o proceso manipulativo, coa conta plasmada no papel, de xeito que poidamos estar o mellor preparados posible para dar todo en primeiro en primaria! E mentres os maiores introdúcense nas operacións, os máis pequenos traballan a tira numérica e o concepto de número, para dentro de moi pouco facer o mesmos que fan os seus compis de cinco anos.

Se pensades que isto e todo, estades moi equivocados! Pois o cole esta cheo de maxia e sorpresas, e o Porco Espín Serafía tamén fai das súas cando os nenos e neas están en clase. O que fai, e levar a mochila, escribir un mensaxe para os nenos e nenas na libreta viaxeira e ademais decide quen leva a mochila esa semana, personalizando sempre o material en función de quen leva a mochila.

Unha nova actividade que comezamos este mes, é o deseño do menú saudable. Cada clase encárgase de propor un menú equilibrado para a semana. Neste caso, nos fixémonos cargo de crear unha cea saúdable. Así que usando o prato onde repartimos os distintos tipos de alimentos, os recortables que preparou o profe Paulo e con moita imaxinación, deseñamos unha ensaladamariñeira deliciosa. Os nenos e nenas escolleron os ingredientes que querían usar, e os profes demoslle unha pequena volta para darlle sentido. E unha vez decidido, plasmámos o menú en plastilina que, non é por nada, pero tiña un aspecto moi apetitoso.

Antes fixemos mención de "Revolucionarias", o Proxecto Documental Integrado que levamos traballando dende principio de curso. Grazas a él, este mes resolvemos misterios con Agatha Christie, descubrimos os planetas con Caroline Herschel, cruzamos o mar con Ellen MacArthur, coñecemos outras culturas con Indira Gandhi, soñamos con Hedy Lamarr... E ao mesmo tempo coñecemos como, a pesar de ser invisibilizado durante anos, o rol das mulleres na historia foi fundamental para os avances sociais, científicos e políticos dos últimos séculos.

Puidemos rascar tamén algo de tempo para xogar con plastilina, tanto libremente como de forma dirixida. Destacou por canto lles gustou, un xogo para traballar a motricidade fina que fixemos con plastilina, pasta e contas de facer pulseiras. Sen duda repetiremos esta actividade moi pronto.

E xa para rematar, os globos tamén estiveron presentes estemes, pero acompañando un tema no que non paramos de facer fincapé: A igualdade. Iso é, falamos de igualdade a través dos deberes da infancia, pois un destes é tratar ben as persoas, sen discriminar por xénero, etnia, posición social... pero dun xeito divertido, pois tivemos liberar os deberes do interior dos globos usando dardos. Se queredes saber máis sobre esta actividades, podedes consultar esta entrada.

E con isto nos despedimos ata o mes que ven, que por sorte xa vai durar un pouco menos que este xaneiro eterno!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.