Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Experiencia en Dragon Boat

O pasado luns 22 de abril, os nenos/as de 6º tiveron a oportunidade de experimentar por primeira vez o que é remar sobre un barco dragón. 

O día acompañaba moito, e despois dun breve quencemento e explicación sobre as normas de seguridade e técnica básica, puxémonos a remar.

Todo preparado, listo para remar!!!

En colaboración cos compañeiros/as de Forcarei, que nos acompañaron na embarcación, estivemos navegando polo encoro do Pontillón de Castro, en Verducido. Aínda fixemos uns cantos kms!!!

Logo había que repoñer forzas, despois do gran esforzo que fixemos!!!

Namentres, os nosos compañeiros/as de 5º aproveitaron para facer unha pequena ruta de sendeirismo, analizar a flora e a fauna e desfrutar do entorno en boa compañía.

Para o ano repetimos!!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.