Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Así de ben o pasamos na nosa visita á granxa escola "Fervenzaventura"

O venres 10 de maio, xunto aos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de primaria, visitamos e participamos nas actividades da granxa escola "Frevenzaaventura".

Para ir ata alí tivermos que viaxar durante un anaco en autobús, para chegar a Silleda.

   

En canto chegamos, despois de tomar a merenda, coñecimos aos guías que nos acompañarían por tódalos obradoiros que faríamos na nosa visita.

   

Tamén nos peresentaron a "unha galiña" que nos explicou as normas que tiñamos que seguir durante toda a xornada, así como todo o que iamos facer alí.

     

Comezamos a nosa "aventura" pola mañá...

     

... cun obradoiro no que fixemos o noso propio pan.

    

Tamén descubrimos o horto, onde platamos as nosas propias leitugas.

     

Despois de tanto traballo pola mañá, chegou o momento de repoñer forzas co xantar, onde cada quen comeu a súa  comida de forma "autónoma".

     

Xa coas forzas recuperadas,  estabamos listos para comezar a sesión de tarde da nosa "aventura".

    

Chegou o turno de visitar "os animais da granxa"...  había unha chea deles!.  

      

Démoslle de comer a algúns, puidemos acariñar a outros... pero sempre respectándoos.

   

Encantounos coñecelos e "axudar no coidado" de todos eles.

   

Despois de tanto traballo, chegou o momento da despedida, onde por fin "nos deron os pans", que fixeramos e "que se estiveran a cociñar no forno".

    

Tras unha foto de grupo, voltamos ao autobús para iniciar o camiño de vota ao colexio.

    

Como era pola tarde, alí xa nos estaban agardando as nosas familias, para escoitar todas as aventuras que viviríamos nesta fantástica xornada.

   

Podes atopar máis información sobre Frenvenzaventura na súa páxina web: https://www.fervenzaventura.com/ 

  

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 7 invitados conectados.