(2009-2010) Visitamos o Salón do Libro Infantil de Pontevedra
Despois dun tempo falando do Salón do libro de Pontevedra, e preparando actividades e traballos como o noso libro "Os gormitis salvan a cidade", que xa vos ensinamos anteriormente, por fin visitamos o Salón do libro deste ano.
O que todos os nenos que fumos o ano pasado recordabamos era por suposto ó lobo ORBIL, que alí estaba recibíndonos e se nos aparecía de cando en vez na visita,
e qué contentos todos, é que Orbil é moi cariñoso e non se asustou ninguén con él; ademáis xa sabíamos que non é un lobo de verdade, senón de fantasía, como moitas cousas que pasan nos libros.
No Salón tivemos a sorte de asistir a contacontos do grupo Migallas teatro,
e tamén visitamos algúnhas salas ambientadas e decoradas con motivos relacionados coa cidade, e Orbil sempre andaba por alí escondido e o tiñamos que atopar.
Tamén puidemos ver traballos plásticos e literarios feitos por nenos e nenas doutros colexios, e por suposto o noso,
e aínda nos quedou un ratiño para ver e ler contos que había como en pequenas bibliotecas colocadas por zonas para que puideramos estar todos os nenos do mesmo colexio xuntos.
E entre tanta actividade, ademais de viaxar no autobús, tamén nos quedou un ratiño, antes de entrar á exposición, para merendar e coller forzas para o resto da mañán.
Á maioría nos gustou moito vir ó Salón do libro e seguro que vos gustaría tamén a vos, as familias, así que se tendes un ratiño non o pensedes, achegádevos ata aquí, o pasaredes ben!