(2009-2010) SEMANA DE MAIOS, TEATRO E CELEBRACIÓNS.
Esta semana foi bastante movidiña con tanta cousa que facer; como vos contamos comezamos a falar da celebración das Letras Galegas, e de Uxío Novoneyra.
De xeito paralelo tamén fumos traendo da casa moitísimas flores para facer os maios, os pampullos, e adicamos parte dunha xornada a organizarnos cos nenos da clase do lado, para facer longos colares de pampullos e decorar así a coroa do maio.
Primeiro entre todos pensamos e indagamos sobre cómo poderíamos facer para colocar os pampullos todos xuntiños sen que caesen
E cando por fin demos coa solución, nos puxemos mans á obra.
Nos organizamos por equipos, de xeito que uns separaban os pampullos dos tallos e outros dous equipos, coa axuda dos profes facían dous colares moi longos
Tivemos que ter bastante paciencia e traballar moito en equipo para conseguir facer chegar as flores ó final do colar e tentar que non rompesen.
Xa rematados había que colocalos na coroa,
E así é como quedou
Coas flores que sobraron, o día do festival algúns e algunhas aproveitamos para facernos coroas e colares, e levalos postos na nosa actuación.
Cantamos a poesía que Uxío Novoneyra escribiu, que fala dun cuco.
No festival tamén participaron 3 nenos da nosa clase, Raúl Silva, Ana e Cristina, co seu grupo de pandeireta e baile. As nenas acompañaron facendo percusións co seu corpo e Raúl participou co seu tambor.
Ese día tamén aproveitamos para facer un pequeno mural xuntándonos os nenos e nenas das dúas clases de infantil e consitiu en ilustrar con debuxos e fotografías a letra do poema.
Por parellas de 2 e 3 facíamos os debuxos (CUCO- CANTA- VAL- CASTIÑEIROS- TEMPO), outro equipo ía escribindo a letra do poema e outro equipo encargouse de decoralo facéndolle un marquiño con gomets
Xa rematado só faltaba colocalo para que todos puideran ler a poesía e apreciar o noso traballo.
Tamén aproveitamos para facer retratos de Uxío Novoneyra e así decorar o corredoiro,
e por fín o festival!
Pero entre medias esta semana, tamén tivemos tempo para o teatro. O xoves asistimos a ver unha obra de teatro, que a todos nos gustou moito
o que máis, a bolboreta, que aparecía de cando en vez e daba alentos á eiruga de seda no seu soño de ter ás.
Aquí estamos preparándonos para o comezo da obra.
Logo, ó remate e despois de pasar case todos polo baño, fixemos un recorrido a pe pola zona pedonil de Pontevedra, ata chegar a un gran parque onde merendamos e ó rematar xogamos un ratiño nel.
Rematada a xornada nos diriximos á ponte dos tirantes, que tivemos que atravesar, e onde nos esperaba o autobús.
E esta foi a nosa semana, entre outras moitas cousas. A ver qué nos espera a próxima. Polo de pronto un día de festa e calor!