Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2010-2011) 1º trimestre en E.F.: 1º e 2º curso

Durante o 1º trimestre do curso escolar 2010-2011 os nenos e nenas de 1º e 2º traballamos as seguintes unidades en Educación Física:

-Ola, que tal?: foi a 1º do curso. Nela os nenos atopáronse de novo cos seus compañeiros despois do descanso das vacacións e tamén coñeceron nenos e mestres novos.

Neste tema pretendeuse que tivesen unha volta alegre, cooperativa e participativa, traballando para elo xogos de presentación dos novos, de cooperación entre eles traballando en equipo, ...

Ademais explicáronse nela os espacios , os materiais e as normas destas clases.

Tamén aproveitamos para facer un rexistro da talla e peso de todos eles xunto co debuxo do seu corpo;  fichas que se repetirán a comezo e final de curso todos os anos séndolle entregadas no remate da primaria onde verán como foron medrando e mellorando o seu esquema corporal.

-Coñecédesvos?: Nesta unidade traballouse o coñecemento e control do seu propio corpo: as partes e segmentos corporais (mans, tronco, pernas,...), as articulacións e o seu movemento (xeonllos, pulso, movementos da columna vertebral,...)e  o seu corpo e o dos demais.

Para elo fixéronse actividades como: poñer pinzas cada un polas articulacións do seu corpo e ao sinal quitarllas aos demais sen que llas quitaran a un, debuxar no chan a silueta do corpo dos compañeiros e logo empregalas como casiña nos pillas, debuxar a silueta do mestre en papel, marcando nelas as distintas partes do corpo cos seus nomes e logo tirarlle como se foxe unha diana tendo cada parte unha puntuación diferente,...

-Dereita ou esquerda?: terceiro tema no que buscouse que afirmaran a lateralidade os nenos que aínda non a tiñan e de que progresaran a recoñecela nas demais persoas e obxectos.

 Tamén ver que dominancia lateral tiñan (en man, pe, ollo,...), que manipulasen distintos materiais con ambas mans e pes, e que discriminaran dereita e esquerda.

Para elo sempre nas primeiras sesións todos levaban posta unha pinza enganchada no brazo dereito para que eles rapidamente identificasen as partes dereitas ou esquerdas do seu corpo.

-Sentides?: traballando o desenrolo sensorial: a súa percepción dos 5 sentidos (ou 8 -eles saben-), facendo xogos de memoria e agudeza visual ou auditiva, de discriminación táctil,... desenrolando sempre a súa capacidade de atención.

Fixéronse actividades como: facer percorridos cos ollos tapados sobre colchonetas sen tocar o chan (tacto nos pes e mans), recoñecer que compañeiro era o que facía un ruido determinado  tendo os ollos tapados (agudeza auditiva), pasar mensaxes escribindo co dedo na espalda dos compañeiros (tacto),...

- Relaxámonos?: última unidade na que traballamos:

-respiración: ensinándolles as súas fases,percibindo os movementos do peito e abdomen,  tentando que sexan capaces de soplar un largo rato pola boca,... con xogos con globos, con boliñas de papel,...

-relaxación: Tentando que  estivesen en silencio, sen moverse, cos ollos pechados, respirando a modo, sentindo que partes están no chan e como lles pesan, moverllas os  compañeiros e soltarllas deixándoas caer, como se fosen bonecos de trapo. E polo contrario estar en tensión, sen deixarse mover polos demais, ríxidos, andar coma robots...

-e a actitude postural: traballando o equilibrio nas distintas posicións que podiamos poñer e con diferentes obxectos.

Ademais durante este trimestre foron traendo da casa distintos materiais de refugallo: cartóns de leite, botellas de plástico, bidóns, latas, plumas, ... que durante o resto do curso iremos transformando para convertilos en materiais cos que pasalo moi ben.

Tamén participamos nos diferentes xogos que se fixeron na celebración do Magosto e dous nenos do noso ciclo xa participaron ,e moi ben, no Cross de Deporte Escolar.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.