Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2010-2011) 1º trimestre en E.F.: 5º e 6º curso

Durante o 1º trimestre os nenos e nenas do terceiro ciclo traballamos as seguintes unidades:

-Ola, que tal?: na cal tomamos contacto cos alumnos, xa que entre eles xa se coñecían pero a mestra a eles non. Nela explicáronselle as normas e rutinas coas que traballariamos diariamente (quecemeto, hixiene, ...) e realizáronse xogos de presentación, integración, desinhibición,...

Tamén, ao igual que nos demais cursos, fixemos o rexistro de peso e talla mais o debuxo do seu corpo.

-Estades en forma?: buscando desenrolar neles por medio de xogos as súas capacidades físicas básicas:  resistencia, forza, velocidade e flexibilidade.

Nela tentamos:

- identificar cando estaban presentes nos distintas actividades,

- coñecimos os cambios fisiolóxicos que acontecían no noso corpo: pulsacións (tomando rexistro delas antes e despois das actividades), aumento de temperatura corporal e sudoración,...  

 -realizamos actividades para melloralas

- estudamos os efectos da actividades física no desenrolo ,  na saúde e na calidade de vida.

Este gran tema  axudounos a estar mellor preparados  para o Cross que se celebrou en Soutelo dentro das competicións de Deporte Escolar. 

       (toda a información e fotos desta xornada) 

Polo medio del tamén adicamos un par de clases a preparar os carteis, debuxos e xogos que se farían o día da Festa do Magosto. Os de 6º encargáronse cada un de ser os monitores nas oito probas que había que superar e , a verdade, fixérono moi ben! (xogos Magosto)

-Patas arriba!: neste tema centrámonos na práctica ximnástica adaptada ao entorno escolar, basándonos nas habilidades básicas traballadas, nos xiros, saltos e equilibrios.

Con ela buscamos que soubesen facer ben: voltereta cara adiante,  cara atrás e lateral, cravo, pino de 3 e 2 apoios, salto de potro, tanque,... 

E ademais que tiveran en conta en todo momento as normas de seguridade neste tipo de actividades, que soubesen dar as axudas nos distintos exercicios, aumentasen a confianza en si mesmo a través das tarefas practicadas, adoptasen posturas correctas, que aceptasen as súas posibilidades e limitacións,...

Algúns destes momentos son os seguintes:

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.