Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2010-2011) Participación no Deporte escolar: Tenorio

O pasado luns 4 de abril tivemos a nosa última participación nas xornadas de Deporte escolar.

Desta vez tivemos que sair a xogar cos nenos e nenas do colexio de Tenorio, cos que fixemos partidos de: fútbol, balonmán, baloncesto, bádminton e xadrez.

Os primeiros en participar foron os do terceiro ciclo:

- No partido de fútbol non fumos capaces de marcarlles a pesar dos moitos intentos,

- no de balonmán estreamos o marcador gracias a un gol de Alba

-e en baloncesto fixemos canastas: Roberto, Belén, Jaime e Julio, perdendo por 10 a 8.

Nos partidos de bádminton gañaron Uxía e José, e nas de xadrez non lles demos comido un só rei.

Por último xogáronse os partidos do segundo ciclo:

-No de baloncesto gañamos con canastas de Borja, Ismael S. e Ismael E.,

-no de balonmán marcaron goles Xermán e Ismael E. aínda que perdemos

- e no de fútbol marcaron Alex e Borja quedando 3 a 2.

A pesar de que os resultados non ían todo o ben que quixeramos nas gradas non paraban de animar con bailes e cancións.

 

Agora só nos queda ir á Festa do Deporte Escolar , onde nos faran entrega a todos os nenos, nenas e colexios as medallas e trofeos por participar.

Noraboa a todos e todas!

Aceno

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.