Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2010-2011) 2º trimestre en E.F.: 5º e 6º

Durante o segundo trimestre  no terceiro ciclo traballamos dende a nosa área unidades destinadas a introducir ao alumnado nas habilidades deportivas. Sempre sen deixar de insistir nos xogos como medio,  comezamos o traballo con actividades de iniciación deportiva  buscando sempre que tivesen un carácter máis multifuncional e lúdico que de aprendizaxe dunha disciplina concreta.

- Na primeira unidade iniciámonos no Balonmán: traballando para elo o manexo do balón, recepcións, pases, botes e lanzamentos, as súas regras, a importancia do traballo en equipo,o respeto das normas e dos compañeiros, ...

- Continuamos cunha pequena unidade composta só de 4 sesións: 2 de baloncesto e dúas de fútbol. Isto foi para poder traballar un pouco estes dous deportes antes do primeiro encontro de Deporte na escola que tiñamos cos nenos do colexio de Ponte Caldelas.

- A terceira unidade traballada foi sobre bádminton. Partimos do coñecemento da raqueta e o volante para chegar ao xogo global cun reglamento simple. 

-A cuarta unidade foi sobre Voleibol, empregando para o seu traballo balóns de praia,  evitando así o rexeitamento a práctica xeralmente deste deporte debido o temor a dor co contacto co balón. Traballouse os golpeos básicos: toque de dedos,  antebrazos e saque, as rotacións, ...

- E rematamos con algunhas sesións nas que traballamos deportes alternativos como:

      .   o Bijbol, xogo de equipo cunha pelota xigante na que hai que tentar meter gol na portería contraria sen entrar nas áreas e sen porteiro; sempre cumprindo normas como: non reter a bola contra o chan, non agarrar a bola dous do mesmo equipo,...

      .   as Indiakas, para o cal elaboramos nós as nosas propias indiakas, aínda que por falta de plumas de ganso,... desplumamos un plumeiro para podelas facer. Non voaban igual pero... pasámolo ben!

       .  e outros inventados como: o volei con palas de pinpon e indiakas, o bádminton con matamoscas e pelotas de pinpon ,...

- Ademais durante este trimestre tamén estivemos desputando os encontros de Deporte na escola cos colexios que tocaran no noso grupo. Toda esta información tédela nos seguintes enlaces:

    .  Xornada co colexio de Tenorio

     . Xornada co colexio de Ponte Caldelas

    .  Xornada co colexio de A Reigosa

- Tamén polo Entroido, dado que todo o noso centro disfrazaríase tendo como temática a pirámide alimenticia, traballámola cunha sesión que titulamos: "Na búsqueda da saúde", na que tiñamos que facer un especie de búsqueda de probas seguindo as indicacións dun mapa. Reunidas todas as notas que estaban agochadas en cada un dos puntos indicados tiñan que compoñer o puzzle que por suposto era o debuxo dunha pirámide alimenticia; a cal xunto co exercicio que fixeran levaríanos a atopar esa saúde que tanto buscaban.

- Xa na última sesión do trimestre disfrutamos dun gran xogo da oca con probas tan divertidas como as que vedes nestas imáxenes:  

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 7 invitados conectados.