Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2010-2011) 2º trimestre en E.F.:3º e 4º

Dende Educación Física, durante o segundo trimestre nos cursos do 2º ciclo traballáronse as seguintes unidades:

-os Desprazamentos:seguindo así co traballo das percepcións espacio-temporais a través da marcha, carreira, cuadripedia, reptacións, deslizamentos, transportes, cambios de direccións, ..., e calquera outra maneira de desplazarse que os rapaces imaxinaran sempre traballándoas dunha maneira lúdica.

- unidades de aproximación aos diferentes deportes nos que participabamos nas xornadas de Deporte Escolar: bádminton, fútbol, xadrez, baloncesto e balonmán.

(Toda a información do acontecido nelas tédelo no recanto de E.F.: participación no Deporte escolar contra Tenorio, Ponte Caldelas e A Reigosa)

-os Xiros: traballándoos a través de rotacións a través dos diferentes eixes que atravesan o noso corpo, podendo así rodar polo chan, voltear adiante, atrás, lateralmente,.... Ademais con eles reforzase o equilibrio, o esquema corporal,....

- a Expresión Corporal; é dicir,  as posibilidades de expresión e comunicación do noso corpo , a expontaneidade e creatividade, implicándose co grupo para así comunicar ideas, sentimentos, representar historias,... improvisando e participando cos seus compañeiros de forma natural.

-Rematamos o trimestre cun gran Xogo da Oca con diferentes probas a superar en cada unha das casillas, tan divertidas como as que vedes nas seguintes fotografías:

Tamén, polo Entroido, dado que a temática dos disfraces foi a "pirámide alimenticia" aproveitamos para traballalo un pouco dende as nosas clases e de paso preparar o material que empregarían os do terceiro ciclo nas súas sesións.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.