Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2010-2011) Terceiro trimestre en E.F.

Durante o último trimestre as unidades que traballamos tiñan como fío conductor "a nosa relación co entorno"

  Así, por exemplo,  os tres ciclos traballaron unha unidade en común que foi a de "Xogos Populares " , e o 2º e 3º ciclo unha sobre "Orientación".

-Xogades?: nesta unidade tentamos traballar algúns deses xogos de carácter tradicional que pasan de xeración a xeración. Tentamos facer recollida mediante unha ficha que levaron os alumnos de 6º daqueles que se xogaba nas súas casas cando os seus avós eran rapaces e rapazas; así tivemos: as tabas, a mariola, estornela,...

Algúns destes xogos dos que disfrutamos nas clases foron: o peletre, colores, soga-tira, comba, escondite, o "bote", a goma, carreira de sacos, zancos,passemisí, tres en raia, carreiras de chapas( decorando cada un a súa) , polis e cacos, ...

Distintas imaxes destes momentos

 

 

- Onde ides?: nesta última unidade do curso traballouse a orientación nun plano: da clase, do colexio e patio, así como a súa elaboración e interpretación (escalas, puntos cardinais, compás,...) , todo a través de xogos e carreiras de orientación polo patio e clase.

 

 

 

Así, como xogo de fin de trimestre,  fixemos unha búsqueda do tesouro que chamamos "O día pirata", traballando tamén a orientación posto que as distintas probas que atopabamos tiñan na súa parte traseira pedazos de mapa. Ao ter todas podíamolo compoñer e nel ( co aprendido nas clases de orientación) podiamos atopar as últimas 4 pistas que nos levarían ao tesouro escondido.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.