Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Recibimos unha carta de Dora a Lectora pedíndonos axuda

Días atrás decidimos cambiar o noso buzón por un novo, poqrue o anterior estaba moi velliño.

Decorámolo entre todos e todas

 

E escribímoslle "BUZÓN DE INFANTIL 2", para que ninguén o confundira co da outra aula

 

 

Ó día seguite recibimos a primeira carta no noso novo buzón, era de Dora a Lectora, a mascota da biblioteca que estaba toda "agobiada" buscando un traxe novo para poñer este ano, e nos pedía axuda por se lle podiamos dar ideas cos nosos "deseños".   

Escribímoslle unha carta de resposta, dicíndolle que non se preocupara que a iamos axudar facéndolle debuxos de como debería ser o seu novo vestido.

 

Metímola nun sobre que poñía "BIBLIOTECA", para saber onde había que deixala.

 

E metímos a carta dentro do buzón da biblioteca, agardamos que Dora a lea axiña para que non siga estando preoupada.

 

Puxémonos mans á obra para facerlle o traxe a Dora, non era nada doado porque as avesturces son moi "rariñas" co tema da roupa (segundo nos dixo o profe) e sempre lle gustan traxes con moitas cores e moitas cousas.

 

Empregamos todo o material que atopamos e podiamos usar: gomets, palillos, palliñas, pinturas, celofán de cores...

Fómolos levar coa profe Rosana á biblioteca para que Dora tivera ideas de onde escoller.
Se queres ver como quedaron os nosos deseños podes velos na seguinte ligazón:

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.