Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Circuito de xogos para a Celebración do Magosto

Para a celebración do Magosto no colexio, dende a nosa área preparouse un circuito de 8 xogos polos que rotarían todos os cursos do colexio.

O curso pasado o tema das actividades fora as distintas accións que coas castañas se podían facer: sementar, recoller, vender, comer, ... e xogar. Lembrádesvos?(Se é que non pinchade aquí: MAGOSTO 2010)

Este curso fixéronse cos distintos froitos que , como a castaña, danse por estas datas.

(Para ver o documento dos xogos e plano pinchade aquí: MAGOSTO 2011)

En cada un deles un alumno de sexto faría de monitor explicándolle a cada grupo o que tiñan que facer.Así de guapos viñeron para a ocasión!

    

Despois do recreo preparáronse na rampa do pavillón para ir cada un deles recibindo aos cursos que lles tocaban e dirixilos hacia cada un dos xogos.
Xa alí, cada mestre encargado dos grupos recibía unha bolsa "da compra" na cal gardar os diferentes froitos cos que ía xogar.
E..... comezou a festa!
Aquí tedes imaxes de cada un destes momentos:
1.-Actividade na que tiñan que alimentar coas landras aos porquiños (monitores: Jesús e Santiago)
2.- Xogo no que tiñan que recoller as tres castañas asadas que lles lanzaban os castañeiros nun cucurucho xigante (monitores : Pablo e Martín)
3.- Nesta tiñamos que xogar ao tres en raia coas noces e abelás que tiñan estes dous nenos (Arantxa e Roberto)
4.- Aquí a artista , Ana, dábanos un pouquiño da súa pintura para axudarlle a colorear dúas granadas
5.- Xogo no que  tiñamos que "vendimar" estas uvas antes que os nosos compañeiros. (monitores: Maikel e Iván) 
6.- Actividade de búsqueda de cogumelos . Os velenosos deixabámolos no sitio. Axudábanos o experto na materia: Daniel.
7.- Xogo no que tiñamos que, a modo de ratos, quitarlle millo o granxeiro que nos esperababa coa vasoira na man. (monitores: Andrea e Óscar)
.- E a última na que lle axudabamos a resolver estos quebracabezas ao neno, David.
E... Un ano máis , rematados os xogos, saímos a xantar as quentiñas castañas asadas!
E... ata o Magosto que ven!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.