Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Primeiro trimestre en EF: 3º ciclo (5º e 6º)

Rematado o 2011 imos facer un repaso do traballado durante o primeiro trimestre na nosa área cos nenos e nenas do terceiro ciclo; foron 4 unidades didácticas que complementan as traballadas no trimestre do curso anterior.

Ademais como novidade, este ano cada un de nós terá unha pequena carpeta onde irá metendo as distintas fichas de traballos, informacións e repasos dos temas traballados.

-1ª unidade: Ola de novo!: como comezo do curso, para que saiban que actividades e xogos, de maneira xeral, se van a realizar, potenciar o traballo en grupo, a cooperación, o respecto, o coidado dos materiais, recordar as normas , a importancia do aseo , practicar novos xogos e, ante todo , aprender xogando e cooperando.

-2º unidade: Estades en forma? : traballando as cualidades físicas: resistencia (só a aeróbica), velocidade (xestual, de desprazamento e de reacción), forza(soportando o seu propio peso en situacións de xogo) e flexibilidade (manténdoa e incidindo nela sobre todo nos quecementos). Déuselle moita importancia a que sexan capaces por sí mesmos de tomar o pulso ao comezo, remate e tras 1 minuto de recuperación, facendo rexistros semanais do seu pulso en reposo e  fixemos actividades empregando fonendoscopios e pulsómetros. Tamén experimentamos con diferentes probas que son empregadas para medir o noso estado en cada unha das cualidades ( test de Course Navette, flexión de tronco,...)

          

Nestes días ´tamén participamos no circuito de xogos cos froitos do Outono que se fixeron na Celebración do Magosto , nos cales fixeron de monitores todos os de 6º curso.

-3º Unidade:  Estás san?: neste ciclo afiánzanse os hábitos de hixiene, alimentación, posturais e de exercicio físico. De ahí a importancia de traballar as relacións entre a saúde e a práctica de xogos e actividades deportivas.  Que coñezan a importancia dun bo quecemento, as conductas beneficiosas e perxudiciais para a saúde, medidas de seguridade, rutinas e normas diarias de coidado do corpo,... son algúns dos contidos traballados.

Con esta unidade elavoramos un traballo entre o alumnado de 5º e 6º fotografiándonos en distintos momentos que representarían o antes e o despois dos cambios que se producen no noso corpo coa práctica do exercicio físico continuado.

Témolo exposto no noso corredor e tamén o podedes ver nesta mesma páxina na entrada de "Beneficios da actividade física"

 

-4º unidade:Xogades?Ao igual que os demais cursos do colexio , no mes de decembro adicámonos á práctica, recopilación, investigación,... dos xogos populares. Para elo tiñamos na web do colexio información e vídeos sobre eles, levamos para a casa unha ficha para que falando coas persoas máis maiores que coñeciamos recollésemos información de como se entretían xogando,... 

xogamos cos materiais que viñeron no baúl dos Xogos Tradicionais: diferentes tipos de chaves, unha corda, aros e guiadores, trompos, elásticos, chapas,...;

e tamén aproveitamos para pintar o patio cuberto cos diseños de xogos que xa tiñamos preparados.

Cada un dos nenos de 6º preparou un dos xogos dos paneis informativos e fixeron de monitores ensinándolle a algún dos demais cursos a practicalos no patio cuberto que pintaramos

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.