(2011-2012)O que aconteceu estas últimas semanas: día da Paz, visita Observatorio.
Nestas últimas semanas aconteceron moitas cousas que queremos contarvos.
O pasado 30 de xaneiro celebramos, xunto con todos os nen@s do cole e cos profes o día da Paz, cun acto moi emotivo.
Os compañeir@s de 6º contáronnos unha bonita historia, "Sadako e as 1000 grullas" de maneira bilingüe. Primeiro lían un párrafo en inglés e a continuación o mesmo en galego.
A continuación amosáronnos esta historia a través dun video e como remate todos acabamos cantando a canción "Celebra la vida" de David Bustamante e Axel.
Tanto nos gustou que a pedíamos de novo cada vez que remataba.
Ademáis deste acto na aula complementamos esta celebración con distintas actividades (pero recordando sempre que este día se ten que extender a todos os días dos anos, nos nosos actos e nas nosas intenciós).
-fixemos diálogos sobre o significado da paz, os amigos e como contribuir cada un a que haxa paz.
-fixemos un percorrido polo corredoiro para enterarnos de cousas importantes que teñen que ver con este tema, coñecimos a Gandhi e o por qué se celebra a Paz neste día.
-Colaboramos xunto co resto de compañeiros na elaboración dunha bola do mundo con nenos de moitas razas e culturas collidos das mans ó redor dela.
-Plasmamos gráficamente cales son os amigos que temos na escola e por qué, ademáis de debuxar a Gandhi.
-Fixemos un corazón imán.
Outro dos días fixemos por fin a saída tan esperada ao Observatorio astronómico de Forcarei.
O día anterior ademáis de recordar cómo era o observatorio, mirando no ordenador, fixemos cada un o seu mapa onde marcábamos o percorrido do día seguinte dende que saíamos da casa ata que chegábamos ao observatorio.
E por fin o día da saída:
Xa alí os monitores dividíronnos e dous grupos.
Na planta de arriba estaba o telescopio, que se movía a través duns mandos e botóns para colocarse diante da porta da cúpula que tamén se abría.
A cúpula tamén xiraba, quedamos todos abraiados cando empezou a xirar e cando se abreu unha das portas dende a que o telescopio se sitúa para fotografiar coa súa cámara.
Na planta de abaixo Luisa explicounos algunhas cousas dos planetas, das estrelas,... a través de fotografías e videos curtos.
Así descubrimos algo novo que non sabíamos, que a "supernova" é unha estrela xigante que explosionou quedando pequeniña.
Fora do observatorio puidemos observar o sol por un telescopio máis pequeno, a través dun papel pois Luisa nos explicou o que nos podía pasar se mirábamos o sol directamente aínda que fose a través dun telescopio, como lle sucedera a Galileo que quedara cego.
Xa para despedirnos fixémonos unha foto todos xuntos dentro do observatorio
Aquí se ve cómo era o observatorio por fora, tal como víramos previamente en internet.
E antes de voltar ao cole como tod@s tiñamos moita fame, merendamos nun parque de Forcarei
e xogamos un ratiño nos columpios, pero tivemos que voltar pronto para o cole pois facía moito frío.
Á volta da excursión e ao día seguinte reflexionamos sobre o que alí fixemos e vimos, falando do que máis nos gustou. Case todos coincidimos en que o que máis foi ver o gran telescopio e ver cómo xiraba a cúpula.
Ese día tamén fixemos un traballo por equipos: tiñamos que facer con plastilina cada un varias formas xeométricas (círculo, cadrado, triángulo) para logo xuntar todas as dos mesmo equipo e conseguir formar algo relacionado co espacio.
ó final todos acabamos facendo naves espaciais
O fin non era tanto o resultado como que todos os compoñentes do equipo conseguíramos pararnos a pensar e poñernos dacordo sobre qué facer e cómo e ir colaborando todos, aportando todos ideas, traballando de maneira cooperativa.
Como xa esta prácticamente rematado o proxecto e todos temos moitas ganas de volver a investigar estes días estivemos a falar sobre qué nos gustaría investigar.
Estes foron os temas xuxeridos por todos nós:
-CASTELOS
-CABALEIROS
-PRINCESAS
-FADAS.
-DINOSAURIS.
-DRAGÓNS.
-HIPOPÓTAMOS.
-COCODRILOS.
Estivemos votando, elixindo cada neno un tema pero cada un non podía votar ao que él propuxo.
Os que recibiron máis votos foron:
CABALEIROS, DINOSAURIOS E FADAS.
Volveremos facer unha última votación e xa vos contaremos cal será o noso próximo proxecto de investigación!