Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

SAN VALENTÍN

Hoxe 14 de febreiro é un día moi importante é o  día de SAN VALENTÍN.

É un día no que ós nosos amores lles dicimos que os queremos, aínda que nos dea vergoña. Tamén é o día que lles decimos ás nosas amistades que as queremos e que estamos moi contentos de que sexan nosos amigos e amigas e poder compartir as nosas cousas con eles e elas.

 

 

No colexio puxemos un buzón cunha margarida na cal cada pétalo poñía :"QUÉROTE" .

Os nenos e nenas que quixeron poñerlle algo especial a unha amiga, un amigo, a un curmán, á súa irmá ou irmán, a un profe en fin , a quen quixera, colleron un pétalo e escribironlle cousas moi bonitas que fixeron que o día de hoxe fose o máis especial.

 

Houbo algún neno ou nena que non recibíu ningún pétalo pero  están no pensamento dalgún neno ou nena polo que aínda que non haxa buzón, poden mardarlle unha carta a esa persoa especial e facer que calquera día sexa o día máis feliz da súa vida.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 7 invitados conectados.