(2011-2012) Contacontos na escola- Kalandraka
O pasado martes 13 dous compoñentes de Kalandraka visitáronnos para contarnos contos e deleitarnos coa súas cancións e o seu acordeón.
Semanas antes recibíramos unha carta deles explicándonos que virían e dicíndonos qué día sería.
Chegado o día, nos reunimos os nen@s de infantil, 1º e 2º para asistir á súa actuación.
Traían moitos contos, e algúns instrumentos como o acordeón, a pandereta ou o pito.
Cando rematou a actuación, na clase recordamos as historias que nos contaron, os instrumentos que tiñan... e nos organizamos por equipos para representar cada un dos contos e a Patricia e Alex, os contadores de historias.
Formábamos os equipos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos. E tiñamos que acordar qué debuxar e qué escribir, compartir o mesmo folio e participar todos.
Así, debuxamos e escribimos algo sobre os contos que nos contaron,
PANCHO- "le gustaba la tela pero de súpeto era una trampa"
A FAMILIA C- "fueron disparados"
MAGO GOMA- "Hacía todo al revés"
E por suposto, os nosos contadores de historias
É unha sorte ter visitas coma estas! Ata pronto!