Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Outros traballos feitos no segundo trimestre

Neste segundo trimestre, que acaba de rematar, ademáis de todo o que xa vos comentamos ó longo destas semanas, tamén fixemos:

 

O MALETÍN VIAXEIRO DOS DEBUXOS:

Neste segundo trimestre comezamos a levar para casa o maletín viaxeiro dos debuxos, dentro tiña todo isto:

 

Por turnos fómolo levando para casa, aínda faltamos algúns por levalo, para poder facer cos nosos pais/nais, irmáns, avós... un debuxo no libro que ía dentro.

Na primeira folla do libro escribimos entre todos e todas una carta explicando para que servía o maletín.

 

Despois dun tempo en casa, á volta ensinamos o debuxo ós demáis, indicámolo nun mural para saber que o levamos, e pasámoslle o maletín a outro compañeiro.

 

 

FACEMOS UNHA ÁRBORE:

Como tiñamos toda velliña a nosa árbore da clase, decidimos facer un novo, pero esta vez en volume, con ramas que chegaban ata o teito.

Co "churros" de papel de periódico, e con cordas para cer as ramas ata o teito, fixemos o esqueleto da árbore.

 

Con esponxas, pinceis e rodillos, pintámola de cor marrón... tivemos que facelo entre todos e todas porque era moitísimo traballo.

 

Así quedou a nosa árbore rematada... xa vos iremos contando todo o que vaia aparecendo nel.

 

 

XOGAMOS COAS FIGURAS XEOMÉTRICAS:

Un día Diego troúxonos unhas moedas de cocholate e comenzamos a falar da forma que tiñan, eran círculos. Continuamos falando de que forma tiñan as cousas que había na aula: triángulos, cuadrados ou círculos.

Fomos coloreando as figuras segundo o obxecto que tiña esa forma.

 

Por exemplo os triángulos pintámolos de rosa, porque dese cor era o tellado da casa-rexistro, que tiña forma triangular.

 

Tamén atopamos outras figuras xeométricas por todo o colexio: círculos, cuadrados e triángulos. Atopámolos nos planetas, no sol, nos cadros, no tellado do colexio, no tellado dos columpios, en libros... todas tiñan unha das formas que xa coñeciamos, aínda que fose nunha parte do obxecto.

 

Xa de volta na aula fixemos figuras xeométricas con plastilina, cordas, pinturas... enriba da mesa.

 

E por equipos tamén as fixemos "xigantes" no chan, tiña que ser o suficientemente grade para caber todo o equipo dentro.

Con platos, que tiñan forma circular, fixemos un triángulo xigante.

 

Con libros que eran cuadramos fixemos un círculo xigante.

 

E coas construccións fixemos un cuadrado enorme.

 

 

LIBRO DE FICHAS PARA CASA:

Fixemos tamén unha portada para convertir, as poucas fichas dos nosos traballos que aínda nos levaramos para casa neste trimestre.

Todos xuntos, e usando papeis de cores, convertimos cuadrados nunhas flores... pasiño a pasiño demolo feito todos e todas.

 

Pegámola e só lle faltaba por debuxar o talo e as follas.

 

Con botóns fixemos unhas flores máis pequeniñas ó seu lado, cada quen decidiu cantas flores queria facer, e cantos botóns ía necesitar para facelas.

 

Cada que fixo o seu deseño con moitas ou poucas flores feitas con botóns.

 

Así de chulas quedaron todas.

Xa estaban listas para levalas para casa.

 

BOLETÍN DE AUTOAVALIACIÓN:

Como cada trimestre, fixemos o noso boletín de avaliación, para contar na casa todo que fixemos nestes tres meses. 

 

Contamos nunha das follas o proceso que seguimos para investigar sobre o espacio, indicando tres pasos do proxecto de traballo. Tivemos primeiro que ordenalos segundo a orde en que a fixemos: "onde buscamos", "como nos organizamos" e "que investigamos"

 

Noutra das partes do boletín, "secuenciamos no tempo", tres das celebracións e saídas que fixemos, tivemos que lembrar cal foi antes e cal despois... ordenándoas segundo os números que había na folla e pegando a foto no seu sitio.

 

E como sempre na primeira folla puxemos o noso nome e a idade,  os maiores escribimos o noso nome e apelidos e os máis pequenos só o nome, polo momento.

 

Dentro do boletín de autoavaliación levamos tamén un documento informativo para as familias, onde contamos as familias todo o que fixemos e traballamos neste trimestre, podes descargalo desde AQUÍ.

AdxuntoTamaño
boletin_t2_2011-12.pdf4.86 MB

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.