Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Atopamos máis respostas e xogamos a pensar con cadros de Laxeiro

Estes días continuamos a buscar máis respostas a algunhas das preguntas que nos fixemos sobre Laxeiro.

Coa información que trouxo Andrea puidemos atopar os lugares don viviu, e así comprobar que ademáis de en Lalín, tamén estivo vivindo en lugares como Madrid,  Buenos Aires ou Vigo.

 O primeiro cadro que coñecimos de Laxeiro tiña moito colorido e unhas formas extranas.

Xogamos a pensar qué cousas víamos nel, qué cores, qué formas, ou a qué nos podían recordar: animais, paraugas, lúa, planetas, un fondo marino, dinosaurios, cabalos.... vimos unha chea de cousas.

Tamén  pensamos en qué título lle poñeríamos a este cadro, sen saber realmente aínda o seu título verdadeiro.

"Las cosas de Laxeiro"

"Cadro bonito"

"Cadro de maxia"

"El cuadro de puzzles"

"Tapa"

"Galicia"

"Submarino de agua"

"Caballeros de montaña"

"A montaña"

"Dino"

"A jungla dos animais"

 

Cando finalmente soubemos o seu título, "RECORDOS", falamos dos nosos recordos. Cada un contamos aos demais algúns recordos que temos na nosa cabeza de cousas que vivimos intensamente: a praia, a visita a unha bolera, galiña azul e os amigos que alí tiñamos, a visita a un parque en León, o zoo, os xogos cos nosos irmáns...

Tamén falamos de persoas ás que recordamos moitísimo porque agora non as podemos ver e a maioría recordamos a avós ou avoas que xa non están, a profes da galiña azul ou a familiares que están lonxe ou incluso a unha mascota que tiñamos.

 Esta actividade nos sirveu para expresar ante os demáis e verbalizar emocións, sentimentos e vivencias e falar do que representan os donos dos nosos recordos para nós.

Ademáis tivemos que facer un traballo de observación bastante intenso para poder posteriormente representar este cadro de diferentes maneiras.

coloreándoo, tentando representalo igual que o orixinal

e creando nós un con témperas e pinceis, onde a creatividade tiña un papel máis importante.

               *************************

Hoxe estivemos observando outro cadro de Laxeiro que tamén tiña formas estranas e se titula "Neno pensador"

                        

falando das sensacións que nos transmitía e se nos gusta ou non a súa pintura.

Tamén falaremos dos nosos pensamentos, ideas, e o que podemos ter cada un agochado na nosa cabeciña, no que nos gusta pensar, en cómo pensamos mellor,..e unha chea de cousas máis da vida mesma.

Seguiremos descubrindo cadros para poder respostar a ¿qué cousas pintaba? e ¿cómo é a súa pintura?

Estade moi atentos!

 

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.