Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Finalizando o proxecto de cabaleiros e castelos

Igual que remata o curso, o noso proxecto está chegando ó seu fin.

Isto é o que fixemos nestas últimas semanas.

Como o mural estaba prácticamente finalizado, o colocamos no corredoiro como punto de información a quen lle puidese interesar

E un día xuntámonos cos nenos de Infantil 2 para contarlles todas as cousas que averiguamos.

           

                                   

              

Así mesmo eles tamén nos contaron anteriormente cousas sobre a súa investigación sobre os avións e fumos todos xuntos a ver un ultralixeiro, que nos amosou o tío e Gabriel. Podedes ver esta saída no blog de Infantil 2.

Ademáis de facer o noso dossier sobre as preguntas da investigación, onde poñemos en práctica diferente tipo de habilidades de iniciación á lecto-escritura, de lóxica-matemática, manipulativas,...fixemos tamén outras actividades como

-Pintar con témperas castelos.

-Decorar con diferentes formas ou motivos a nosa foto de dama ou cabaleiro.

         

                   

-Xogamos a ser cabaleiros e princesas disfrazándonos coas teas, facendo teatro.

Tamén temos un xogo novo no noso blog sobre cabaleiros con xogos e moita información. Se queredes visitar esta páxina premede no seguinte enlace ou accedede nos xogos de infantil.

http://nea.educastur.princast.es/caballeros/principal.htm

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.