Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Elaboramos unhas trufas para o último día de cole

O penúltimo día de cole, xa cos traballos rematados e organizados para levar para casa, nos reunimos cos compañeiros de Infantil 2 para elaborar unha receita moi dulce: trufas de chocolate.

E o motivo era ben sinxelo e máis que xustificado: no vran cumprían anos 4 nen@s e queríamos que eles tamén o celebrasen con todos nós antes de marchar de vacacións.

Anxo, David Portos, Diego Heras e Andrea.

Moitas felicidades rapaces!!!!

Ademáis, os profes andan a pensar en cómo celebrar os cumpres de todos o curso que ven, e isto podía considerarse unha proba para quizais seguir poñéndoa en práctica.

 Nos lavamos moi ben as mans antes de comezar

e coma sempre, nos organizamos por equipos de traballo, con compañeiros cos que consensuar e chegar a acordos sobre quén botaba cada un dos ingredientes, quén removía,.....

desmigamos sobaos

engadimos cacao en polvo

azucre e leite

e removemos sen parar ata facer unha masa compacta que convertiríamos en boliñas chamadas trufas.

deixamos enfriar ata o día seguinte na neveira

e ó día seguinte, o último día que estaríamos xuntos, as comimos, despois de cantarlle aos nosos compañeiros e de que soplaran as velas.

Nos gustou moito cociñar a nosa tarta de cumpreanos.

A ver si o volvemos repetir o próximo curso!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.