Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Outras actividades feitas ó longo do curso

Este curso, ademais das actividades e propostas contadas no noso blogue sobre os proxectos, participación en saídas, celebracións e conmemoracións, e actividades de aula (recantos, xogo e movemento, expresión, música, arte, lecto-escritura, lóxica-matemática) queremos contarvos algunha cousiña máis que fixemos.

TÍTERES

De cando en vez, nos xuntamos para facer sesións de títeres coas marionetas de man e dedos e outros que temos no recanto da casiña.

Nunha ocasión, contando xa coa nosa torre dos títeres, organizamos un pequeno teatriño por grupos.

Previamente, fixemos varios equipos e nos sentamos a falar, dar ideas e poñernos dacordo sobre qué poderíamos interpretar no teatro.

Eliximos marionetas e ata escribimos parte do texto que queríamos dicir.

E por fin, o momento esperado, actuar para os demáis.

Cómo nos gustou esta xornada improvisada!

 

TRABALLAMOS EN EQUIPOS- FORMAS XEOMÉTRICAS

Calquera proposta e circunstancia é boa para reunirnos por equipos e tratar de organizarnos, expoñendo as nosas ideas, escoitándonos os uns aos outros, rebatindo, defendendo a nosa proposta, e chegando a acordos sobre o qué facer, ademáis de elixindo qué facer cada un e cómo. Para os nen@s máis pequenos non é sinxelo pero pouco a pouco imos comprendendo esta forma de traballar e de xogar.

En diferentes sesións tiñamos formas xeométricas de distintas cores e tamaños e debíamos crear algo de maneira conxunta.                                                      

 

 

Outra parte importante do proceso é expoñer aos demáis o resultado do noso traballo, e contarlles aos compañeiros como participamos cada un.

 

CONTAMOS CONTOS AOS DEMAIS

Cada día, o encargado/a conta un conto aos demais, ben léndoo, ben creando a historia a partir das imaxes.

Así traballamos a expresión, o vocabulario, a creación e imaxinación, a atención e a escoita e o gusto pola lectura e polos libros.

           

                        

Tamén, cada día, o encargado/a, fai unha serie de actividades que nos sitúan no día da semana e as actividades da xornada, no mes, no ano e na estación.

Actividades coas que traballamos a evocación, a lectura e escritura, a discriminación de sons, a lóxica matemática, os números e a súa aplicación e funcionalidade

Este curso tamén participamos moito no recanto de construccións, especialmente as de refugallo (tapóns, botes e vasos de plástico, tacos de madeira, tubos de cartón grandes de celo,..) 

 

Ademáis, tamén estivemos en constante contacto con Dora Lectora, que nos escribiu cartas de cando en vez para facernos algunhas propostas, e despois de entusiasmarnos con ela e as actividades que nos ía propoñendo, por fin coñecemos o seu novo look, así que lle escribimos unha carta e na biblioteca, xunto co resto de nen@s do colexio, lla limos e por fin coñecimos o resultado final.

E moitas máis propostas que nos axudaron a crecer, a ter en conta aos outros e no asentamento da nosa identidade persoal.

Polo momento, desfrutaremos do vran e vos desexamos o mesmo. Boas vacacións!!!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.