Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Cumpreanos de setembro

Neste mes de setembro, na clase dúas nenas cumpliron anos. TAIDA e AITANA.

Ademáis, en Infantil 2 cumpriron HUGO e DANIEL.

Este curso cambiamos o modo de celebralo.

 O día que cumpre anos cada neno, decora a súa coroa, lle cantamos, felicitamos, e regalamos bicos, apertas e palabras bonitas e a finais de mes, nos xuntamos tod@s para celebralo cunha tarta, patatiñas, gusaniños,....e sobre todo unhas velas que soplar!

Os encargados de facer a tarta son os nenos que cumpren anos.

Nesta ocasión fixeron unha tarta con galletas, leite, natillas de vainilla, chocolate e froita.

Se organizaron moi ben entre eles, repartindo o traballo. Ese día faltou Hugo, que estaba enfermo.

Como a tarta tiña que pasar unhas horas no frigo, a fixemos un día antes da celebración e o venres, por fin, todos a cantar e a soprar as velas moi forte!!!!

Despois  repartiron pedaciños a todos os compañeiros e finalmente unhas patatiñas e gusaniños.

Aproveitamos este acontecemento para escribir sobre él, e traballar cos nomes destes compañeiros, (ou coas fotos, os de 3) e coa receita da tarta, lóxica-matemática, contando ingredientes e escribindo os núemeros correspondentes, secuenciando o proceso de elaboración da tarta, actividades adaptadas a cada idade e nivel de desenvolvemento de cada un de nós.

En outubro volveremos a xuntarnos para outra festa!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.