Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Novas normas da aula, facemos unha pantalla e levamos libros para casa

FACEMO-LAS NORMAS DA AULA:

Cos novos compañeiros e compañeiras, e co tempo que pasara desde o curso pasado, chegaba o momento de voltar a facer as normas da aula. 

Como sempre acordamos entre todos que cousas "SI" poderíamos facer na aula e cales "NON", facendo entre todos dúas listas.

Por parellas fomos "facendo de actores" e interpretando as normas que acababamos de acordar, mentres un compañeiro nos sacaba unha foto coa cámara.

 

Xa con tódalas fotos feitas, imprimímolas e organizamos onde poñer cada unha.

 

Cada quen foi pegando a fotografía "da norma que lle tocou" na folla vermella, que acordamos que sería as de NON, ou ben na verde, daquelas que decidimos que SI se poderían facer.

 

Tan só nos quedaba por escribir, debaixo de cada fotografía o texto da norma, para que non quedase ningunha dúbida.

 

Para poder levalas para casa, fixemos un libro con follas verdes e vermellas, onde fomos pegando as fotografías das normas segundo se puidesen facer ou non.

 

LEVAMOS LIBROS PARA CASA:

Un venres pola mañá, durante as rutinas dos rexistros, o encargado puxo a tarxeda do día que era e observamos que ese día "tiñamos que levar un libro para casa"

Tivemos  que explicarlles os novos compañeiros e compañeiras como se facía para levar os libros da biblioteca para casa. DAVID e GABRIEL, encargáronse de explicalles como funcionaba no ordenador o préstamo de libros, onde había que poñer o número do libro para imprimir a portada. [podes acceder á aplicación de préstamos de libros desde aquí]

 

Os novos compañeiros e compañeiras tiveron axuda dos compañeiros máis veteranos nun primero momento, pero de seguido aprenderon como facelo. 

 

Coa portada que imprimiron escribindo o número do libro na aplicación, completaron a libreta persoal de rexistro de libros, escribindo a data, o título e o número do libro os maiores, e o nome e o título os máis pequenos.

 

Despois de anotalo tan só quedaba meter o libro na carpeta... as veces non resultaba moi doado de facer.

 

 

 

TEMOS QUE FACER UNHA NOVA PANTALLA:

Este ano temos o proxector pendurado da parede, pero claro a pantalla que tiñamos feita do curso pasado quedouse pequena.

Tras falalo durante un tempo, onde cada un aportou que solución se lle ocurría para arranxar o problema, acordamos que tiñamos que "facer unha nova pantalla".

O primeiro foi escribir, entre todos, un listado do material que iamos precisar, estas foron as nosas ideas:

PAPEL: que fose moi grande

TESOIRAS: para cortar a pantalla

CELO: para pegar a pantalla

ESCALEIRA: para poder subir "ata o teito" para pegala

UN MARCO: para "que dera a volta a toda a pantalla", como a que tiñamos agora

 

Discutimos onde conseguir todo ese material: cada quen aportou as súas ideas:

- a escaleira tena o meu pai na casa

- celo temos para pegar na mesa

- e tesoiras tamén

- eu sei onde está a escaleira e o papel... onde se fan as fotocopias

- pero ten que ser un papel enorme

Conseguimos traer entre todos e todas un papel "longuísimo", tanto que entre os 14 ocupabamos case todo o corredor con el... OCUPABA CASE TODA A AULA!!! porque era moi longo.

 

MARA, EVA, YAIZA E NOA foron a buscar a escaleira ,que tamén estaba na nosa lista.

 

Cando conseguiamos cada un dos materiais que tiñamos anotados, iamos tachándoo na lista, ata que o conseguimos todo.

Chegou o momento de facer a pantalla, pero atopámonos cun problema... O PAPEL ERA DEMASIADO LONGO e non cabía na parede... tiñamos que cortalo.

Fixemos varias probas, cada quen propuxo a súa solución, pero sempre nos quedaba "un anaco" moi pequeno, e a imaxe saía por fora da pantalla. 

Finalmente ocurríusenos "pegar folios na parede" e así saberiamos por onde tiñamos cortar o papel.

 

Facían falta 9 FOLIOS, así que os despegamos e os "ordeamos" sobre o papel... agora xa sabiamos por onde tiñamos que cortar.

 Pouco a pouco fomos cubrindo a parede ata que "a imaxe quedaba dentro".

Tan só nos quedaba por facer "o marco", decidimos facelo entre todos, así cada quen faría a súa contribución. Gustounos moito que fose de cor laranxa, porque era a cor favorita de NOA que era a encargada ese día.

 

Ademáis contamos co axuda de Guille e Aroa, da outra aula, que estaban na nosa porque os seus compañeiros e compañeiras estaba coa profe de relixión.

En cada anaco de aironfix laranxa, pegamos gomets seguindo unha serie de cores, ó principio liámonos un pouco pero demos feito co asunto. Os máis pequenos de todos, "preferiron" pegalos ó seu xeito :)

 

Coas pezas de aironfix de cada un, fomos construindo un marco ó rededor de toda a pantalla... quedounos un enorme RECTÁNGULO.

 

E si... finalmente toda a imaxe cabía dentro da pantalla  e xa podíamos empezar a ver todo o material dos Dinosaurios, que contaremos na seguinte entrada.

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.