Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) O acontecido no mes de outubro

Ó longo deste mes e finais do pasado, ademáis de estar embarcados no proxecto de minerais e rocas, tamén fixemos moitas outras actividades.

Probamos a pintar con témpera, cunha cor, con varias, no papel, nas mans, co pincel.... e acabamos facendo un mural conxunto co único obxectivo de pintar todos a un mesmo tempo respetando o espacio e o traballo feito polos compañeiros

O resultado final foi moi satisfactorio e quedou exposto no recanto da biblioteca como representación do noso "grupo".

 Tamén utilizamos a miudo a pantalla dixital, para ver algún documental ou video relacionado co proxecto, fotografías traídas por compañeiros ou  para facer actividades.

Aquí estamos facendo crebacabezas, xogos de parellas, relacionados co outono.

E falando do outono, coma todos os cursos, aprendimos unha pequena poesía, a escribimos e decoramos, nun mural, para decorar o corredoiro.

          VEN  ONDA  NÓS  O  OUTONO

          DACABALO  DO  AIRE.

          NOS  CAMIÑOS  DA  FRAGA,

          OS  OURIZOS  XA  ABREN.

          SÍNTOO CHEGAR  CONTENTO

          DA  ETERNA  VIAXE,

          ENREDANDO  ENTRE  AS  FOLLAS

          ESTREANDO  FRIAXE.

 

 

Pintamos e estampamos follas,

 fixemos  ourizos con plastilina e palillos e así  quedou o  noso mural

Tamén  nos  vestimos  con roupas propias de esta estación, e aproveitamos as fotografías feitas, para escribir sobre elas.

Comezamos o préstamo de biblioteca e este curso temos a novidade de poder buscar a nosa portada en internet, no recanto de biblioteca de infantil da web do centro (como xa viñeron facendo o curso pasado os nosos compañeiros de Infantil 2). Así, David estivo explicándonos na pantalla dixital cómo tiñamos que facer

para logo poder levalo a cabo no ordenador

Unha vez impresa a portada, o resto era similar ao que viñamos facendo ata agora, facer un rexistro escrito no noso libro individual.

Ademáis, os momentos de lectura na aula son moi frecuentes, non só cando contamos contos aos demais ou os contan os profes; tamén utilizamos a biblio como recanto constantemente e a veces nos xuntamos por parellas para lernos, sobre todo os máis grandes aos máis pequenos.

Temos pensado subir á biblioteca do cole, para ler xuntos, desfrutar dos contos que alí ten Dora e atopar información que precisemos. Os luns é o día que temos marcado no noso horario para poder desfrutar dela. Pronto nos veremos Dora!

Tamén rematamos o noso mural das normas, decididas entre todos, a raíz de distintas situacións cotidianas que nos facían ver que eran necesarias.

As representamos, fotografiamos e escribimos sobre elas.

Decidimos que deberíamos:

COIDAR  OS  LIBROS

COLOCARNOS  BEN  NA  FILA

RECOLLER  BEN  OS  XOGUETES  E  O  MATERIAL

FALAR  POR  QUENDAS

 

ATENDER  CANDO  OUTROS  FALAN

E que NON deberíamos:

PELEXAR  OU  PEGAR  AOS  COMPAÑEIROS

CORRER  DENTRO  DA  CLASE

BERRAR

 

Estamos a facer moitas máis actividades do outono, e para a celebración do Samáin, e o magosto. Isto volo contaremos máis adiante. Ata pronto!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.