Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Celebramos os cumpleanos do mes de outubro

Como xa fixeramos no mes de setembro, este curso, imos celebrar os cumpreanos de cada mes todos e todas xuntos facendo unha tarta e unha festa, ó final de cada mes.

Cada día do mes, ó encargado, cando tiña que tachar o día que era no calendario, e poñer o número nos rexistros, comprobaba se eran "iguais" os do libro dos cumpreanos.

E chegou un día en que "si eran iguales"... ese día estaba de cumpleanos GABRIEL... e o día seguinte sucedeu o mesmo con MARA.

 

O día en que estaba de cumpreanos, cada un deles fixo a súa coroa especial, decorada como el quería e coa axuda dos compañeiros e compañeiras que quixera.

Mentras, os compañeiros/as lle ían facendo "debuxos de regalo" cos gustos do homenaxeado, poñendolle o seu nome e o do compañeiro.

 

Deixamos as coroas na clase para "usalas o día da festa dos cumples do mes".

Este mes iamos facer unhas trufas de chocolate, como xa sabiamos a receita do curso anterior, comezamos a facer unha listad dos ingredientes que iamos necesitar. E levamos unha nota para casa, os que estaban de cumpreanos ese mes, para que os seus pais/nais soubesen cal deles lles tocaba traer.

 

Cando fomos traendo os ingrediente, fómolos probando para ver se tiñan "a calidade óptima" jeje :)

eran doces? eran salgados? cal nos gustaba máis?

 

E por fin chegou o momento, un día antes da festa dos cumpleanos do mes, os tres homenxados , os da nosa clase, e IKER da clase do lado...despois de lavar as mans,. puxémonos mans á obra para facer as "trufas" e invitar ós compañeiros/as o día seguinte.

Se queres facela na casa faise deste xeito.

1 - Desmenuzamos os sobaos nun recipiente.

 

2- Botámoslle unha cullarada de azucre cada un.

 

3- Logo unhas cullaradiñas de cacao.. xa non lembramos cantas, pero unha chea delas :)

 

4- Un pouquiño de leite... pero moi pouquiño.

 

5 - E a remexer todos ata facer unha masa.

 

5 - Fixemos boliñas, unha por cada neno... e eran 29!!!, menos mal que era como facelas de plastilina e xa tiñamos experiencia.

 

Metímolas na nevera da sala dos profes, non sen antes avisar os outros profes que había por alí que non eran para comer eles... que algunha ameaza de comelas xa tivemos ;)

 

E claro tamén tivemos que recoller e limpar todo o que mancharamos, por suposto.

 

CHEGOU O DÍA DA FESTA:

Cando chegou o día da festa, que tiñamos marcado no calendario, fomos a buscar as trufas á nevera ... e tiñan unha pinta estupenda.

Colocámolas todas como se foran unha "pirámide" cada un foi soprando as velas, eran tantas como anos cumplían, e como cada un cumplía distinta cantidade fixémolo "tres veces"... e cantamos o cumpleanos feliz outras tantas veces.

MARA cumplía 4 anos:

 

GABRIEL cumplia 5 anos

 

E  IKER, compañeiro da outra clase, cumplía 3 ANOS. 

 

Chegou logo o momento de ir collendo cada unh unha trufa, usando a nosa bandexa da merenda (despois de lavala) como se fora un "prato".

 

Estaban boísimas!!!

 

Cando rematamo-las trufas, comimos gusanitos e patatas fritidas que trouxeran os homenxeados para "rematar a festa".

 

O seguinte día na clase traballamos coa receita, para engadila ó noso libro de receitas de cumpreanos.


 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.