Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Celebracións do outono

Como todos os cursos, na estación do outono, entre outras moitas actividades, celebramos a festa do Samaín e a do Magosto.

SAMAÍN

Tod@s nós colaboramos traendo a nosa cabaza decorada de casa para participar no concurso.

Os gañadores deste curso aquí os temos fotografiados coas súas cabazas.

En Infantil (2) Gabriel acadou un premio polo seu traballo.

O día da exposición e votación das cabazas tamén participamos nunha serie de obradoiros relacionados con esta data, e nos agrupamos xunto cos nen@s de 6º para levalos a cabo dun xeito máis organizado.

Obradoiro de cine, cortos e cancións de medo.

Obradoiro de lectura de contos, na biblioteca. Despois de escoitar algunhas historias desta temática, traballamos recreando un monstro protagonista dun dos contos.

Obradoiro de manualidades, elaborando arañas, pantasmas,.....

Obradoiro de maquillaxe, sendo os maiores os que pintaban aos máis pequenos.

E ata tivemos tempo para entre actividade e actividade, deternos a ler nos corredoiros algunhas historias de medo, xunto con compañeiros maiores que nós,

Eses días previos tamén  traballamos decorando os corredoiros con pantasmas e cabazas, pintando, estampando con témpera, recortando, debuxando..

MAGOSTO 

Nesta celebración este curso tamén participamos nunha serie de xogos, que a profe previamente nos explicou.

Eran moi variados: montar de forma conxunta puzzles, facer un circuito para acadar un gorro de paiaso facendo rir á nena que alí estaba, outro circuito ata chegar a un neno vestido de Papá Noel que nos premiaba cun caramelo, pintarnos a roupa con tiza, xogar a pisar a vasoira dos outros compañeiros...

Rímonos moito e o pasamos xenial, e para rematar a xornada...a comer as castañas!!!!

Para isto, días antes, trouxemos as nosas castañas de casa xa picadas

 

e preparamos unha cestiña decorada con follas e unha cinta para a cabeza moi outonal.

Outras actividades que levamos a cabo eses días,

saír ó patio a recoller follas secas e xogar con elas,

para logo crear con elas animais, formas, facer o noso corpo con elas, pintalas, bordealas....

Aprendimos unha canción de magosto, coa que logo traballamos no papel buscando e identificando algunhas letras e os seus sons.

Aprendimos unha rima pequeniña

¿CÓMO TE CHAMAS?

COME CASTAÑAS!

¿E DE APELIDO?

CALDO COCIDO!

Elaboramos un libriño do outono contando nel as cousas que suceden nesta estación,

 

secuencio o que ven antes e o que ven despois

no outono me abrigo- escribo o nome das prendas

a vendima

 

 a matanza

tempo de cogumelos

 algunhas celebracións-escribo aos pés de foto (de arriba abaixo e de esquerda a dereita: películas - contos - manualidades - ganadores)

poesía do outono

Traballamos con esta palabra identificando os seus sons, as súas letras, buscando rimas para elas, facendo frases con ela,...

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.