Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Unha semana descubrindo o Entroido tradicional

Este ano no noso colexio decidimos facer un "entroido tradicional" disfrazándonos o día do desfile de "choqueiros", con roupa vella e estrafalaria.

A primeira aproximación que fixemos foi ó concepto de "choqueiro" é a como era o disfraza que empregariamos o día do desfile. Para elo xuntámonos na aula dos nosos compañeiros de E.I.1 e visionamos varias fotografías no E.D.I.

Cando tivemos claro o que era un CHOQUEIRO, escribimos unha carta pedindo colaboración as familias para que ese día puidesemos vir vestidos deste xeito.

Nas aulas de Infantil, durante toda a semana, tamén estivemos traballando e descubrindo  outros  aspectos curiosos do entroido tradicional galego. 

 

ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO: PELIQUEIROS, BOTEIROS, PANTALLAS E CHOQUEIROS

Cada un dos días da semana, antes do día do desfile, adicámolo a unha persoaxe (e traxe tradicional) do entroido en diferentes lugares de Galicia: BOTEIROS, PANTALLAS, PELIQUEIROS e CHOQUEIROS. Para facelo empregamos uns vídeos, imaxes e información que podedes atopar nos videos do recanto de infantil, ou directamente  aquí.

 

Despois de comentar  e establecer un diálogo sobre cada vídeo (que fan? como se disfrazan? por que actúan dese xeito?...), analizamos polo miudo as máscaras típicas de cada un dos traxes.

 

De cada traxe elaboramos unha "folla informativa" onde escribimos o nome da "persoaxe" a acción que acordamos que facía no diálogo e debuxamos a máscara que empregaba, coas partes que comentaramos anteriormente.

 

Deste xeito elaboramos un dossier con cada un dos traxes típicos dos BOTERIOS, PELIQUEIROS, PANTALLAS e como non CHOQUEIROS, que sería o noso traxe para o desfile.

 

 

O MECO MANDA...

Tamén ó longo de toda a semana do Entroido participamos, xunto ós compañeiros e compañeiras de todo o colexio, no "MECO MANDA...".

Ós de infantil tocounos facer o primeiro "mandado", e decidimos, todos e todas xuntos que o LUNS todo o mundo debería vir vestido con roupa de cor azul.

Así o escribimos nun cartel·

 

Penduramo-lo no MECO que estaba no corredor disfrazado de choqueiro. Non vos recorda algo a un esquelete que xa fora Cabaleiro, Astrounauta e cen mil cousas máis?.

 

Para non esquecernos, cada día fomos anotando nunha nota para os nosos pais e nais, que era o que o MECO mandaba para o seguinte día.

 

O LUNS viñemos todos de AZUL, tal como acordaramos mandar desde Infantil.

 

Para poder contalo logo na casa, fixemos un rexistro cunha foto do grupo, todos e todas vestidos de azul... primeira proba superada!!

 

Cada un dos días fomos anotando nun rexistro similar se o "mandado" do Meco se cumplira ou non, coa foto de grupo para demostralo.

 

Cada día, antes de saír ó recreo iamos onda o MECO para "ler" o que poñía no seu cartel.

Así soubemos que o MARTES os compañeiros e compañeiras de primeiro e segundo "mandaron" que o día seguinte viñesemos todos con algo na cabeza.

 

E así o fixemos... todos cun chapeu, gorra ou sombreiro... segunda proba superada!!!, xa podiamos anotalo no noso rexistro.

 

O MÉRCORES, tamén cumplimos o "mandado" do MECO escollido polos compañeiros e compañeiras de terceiro e cuarto curso, de traer algo no pescozo.

Aquí estamos ámbalas dúas aulas de infantil con garabatas, bufandas, panos... Terceira proba superada!!! Novamente anotamolo no noso rexistro individual, cunha foto de grupo.

 

Para o XOVES, que sería o último día do MECO, os compañeiros de quinto e sexto, acordaron que o día seguinte había que vir "cun difraz"... o que cada quen quixera, e así o anotamos na nota para os nosos pais e nais.

 

E aquí estamos, ámbalas dúas aulas cheas de SPIDERMANS, SUPERHEROES, PRINCESAS, ABELLAS, FORMIGAS, MONSTRUOS, VAQUEIROS,  PAIASOS, INDIOS, REIS...  

 

Novamente o anotamos no noso rexistro e saímos ó patio así disfrazados, foi moi divertido xogar no recreo disfrazados de cen mil cousas distintas...

Gustounos tanto vir disfrazados, que o vindeiro ano, buscaremos un día da semana do Entroido para vir difrazados da casa con "cen mil" disfraces, como este ano. 

 

 

FACEMOS AS NOSAS MÁSCARAS DE CHOQUEIROS:

Como xa coñecíamos diferentes traxes do Entroido en diferentes lugares de Galicia, e todos eles tiñan máscara, puxémonos a facer a nosa máscara de "choqueiros".

O primeiro foi pintalas dunha soa cor, cada quen escolleu a súa favorita e organizou o seu equipo para poder pintar "xuntos" a máscara de cada un.

 

Cando estiveron secas tan só quedaba poñerlle uns dentes moi simpáticos, unhas cellas e os "coloretes".

Novamente nos organizamos por equipos, segundo a cor da nosa máscara.

 

E cun pouco de Alkil, demos pegados os diferentes elementos da máscara, cada un no seu lugar, collendo as pezas que estaban organizadas en caixas.Cantas precisabamos de cada unha? onde as tiñamos que colocar?

 

Ademáis como iamos disfrazados, porque o mandara o Meco para ese día, demos feito o traballo con moito coidado sen manchar nada o traxe.

 

Así quedaron as nosas máscaras listas..... que co traxe de choqueiros daban moita risa.

 

 

DESFILE E FESTA DO ENTROIDO.

Cando chegou o venres, e tras unha semana traballando sobre o entroido tradicional, viñemos todos vestidos de CHOQUEIROS para participar na festa e no desfile.

 

Ata as profes Merce e Loli se apuntaron co seu disfraz de choqueiro.

 

Antes do desfile estivemos pintándonos a cara uns ós outros, con maquillaxe do entroido.

 

E ata "decoramos" a cara dos profes que quedaron "guapísimos".

 

Cando estivemos todos/as listos, chegou a hora de facer o desfile ó redor do colexio, como cada ano, xunto ós compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

 

Alí estaban as nosas familias para vernos, facernos fotos e rirse con nos :)

 

Despois dalgunhas votas polo patio acabamos dentro do pavillón onde estivemos bailando coa música que había.

 

E como fin de festa, degustamos postres típicos do entroido: orellas, filloas, flores... que fixeran as nosas nais e pais e que trouxeramos ó colexio

 

E, por suposto, xogamos a facer "choqueiradas" polo patio.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.