Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) A nosa visita ao Salón do Libro en Pontevedra

Por fin chegou o esperado día para visitar e participar nas actividades do Salón do Libro, como vimos facendo dende hai uns anos.

Esta saída a traballamos previamente na aula cunha serie de propostas e tamén en días posteriores, e volo contaremos na seguinte entrada. Agora imos a ensinarvos todo o que alí vimos e fixemos.

En canto chegamos ao Salón nos estaba a agardar Patri, que sería a nosa guía

e tamén nos estaba a agardar ORBIL o noso lobo favorito, para darnos a benvida.

Qué ilusión tiñamos todos por velo un ano despois, e outros por primeira vez.

A primeira actividade que nos tiñan reservada era un "contacontos".

Queliña nos contou tres historias moi chulas, unha delas con marionetas e rímonos moito.

Ademáis, no salón había varias salas decoradas coa temática deste ano, as MÁQUINAS.

Nunha delas había unha enorme máquina de escribir

outra estaba chea de engranaxes,

Tamén nos íamos detendo por diferentes recantos, onde atopamos

poleas

una bicicleta voadora

un dirixible

e ata una máquina dos desexos pola que había que atravesar pensando no noso desexo.

Tamén paramos nun recanto no que catro compañeiros tiveron que tirar cada un dunha corda

e asomaba una palabra. Coas catro palabras nos proponían inventar ou crear unha historia curta.

No salón tamén estaban os traballos que os nen@s dos distintos coles realizaron

 

e por suposto, o noso traballo.

Cando rematamos a nosa visita ORBIL nos agardaba outra vez para despedirnos e puidemos fotografiarnos con él.

Despois da visita tan intensa e tan chea de estímulos, cores, sensacións, que ben nos virían as merendas que traíamos e un ratiño de xogos no parque.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.