Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) O que aconteceu no mes de febreiro.

Ademáis das actividades e propostas relacionadas co Entroido e a participación no Salón do Libro, das que xa vos contamos en outras entradas, isto foi o que aconteceu no mes de febreiro:

-A liña curva e recta e as formas xeométricas- nas rutinas de entrada, nas que o encargado leva a cabo diferentes tarefas, unha delas consiste en representar a data numérica nunha composición feita a través da liña e as distintas formas xeométricas.

Con esta actividade ademáis de achegarnos á identificación e representación das formas xeométricas e experimentar coa liña, tamén traballamos a creatividade, a lateralidade, conceptos espaciais, a observación, representación dun modelo dado, o trazo, a direccionalidade.

A veces proposta pola profe, outras polo encargado, a veces máis sinxela, como neste caso, outras máis elaborada.

A raíz desta actividade pasamos a crear de maneira conxunta no encerado unha composición coa liña, aportando cada un en función do seu ritmo e momento evolutivo.

Con esta creación conxunta observamos e describimos o representado, fixándonos nos dous tipos de liñas, curvas e rectas e a derivación de cada unha delas (espirais, serpes, círculos, cadrados,..).

Cada un a representou tamén en papel, primeiro con rotuladores e ceras

e posteriormente con pinceis e témperas.

Con elas rematadas, pasamos a expoñelas nun recanto, como sempre facemos cos nosos traballos, co fin de darlle valor ao que facemos e funcionalidade á nosa obra (a veces pode ter un carácter máis informativo e outras máis decorativo e artístico, sen olvidar que coa obra prástica tamén comunicamos).

Agora só nos falta facer de maneira conxunta un gran mural tamén con pinceis e témperas e relacionado coa mesma temática, para seguir avanzando no traballo en gran grupo e o sentimento de pertenza ao mesmo así como no respecto ao creado polos compañeiros.

Así como outro mural con distintos materiais e texturas, que lle dean perspectiva.

Volos ensinaremos cando estén rematados.

 

-Celebramos o día de San Valentín, enviando mensaxes de amor, amizade ou paz a compañeir@s do colexio.

 

-Continuamos a participar nas sesión de "estimulación temperá da linguaxe", que imparte Chus, para ir avanzando na nosa conciencia fonolóxica (diferenciando uns sons de outros, relacionándoos coa grafía correspondente), na articulación e na expresión oral e adquisición de novo vocabulario.

 

-Celebramos os cumpreanos correspondentes a este mes.

JOAQUÍN, ALBERTO, XIÁN e EVA foron os homenaxeados e os que se encargaron un día antes, de facer a tarta.

 

que consistiu na tarta de galletas, feita con natillas de vainilla, galleta oreo mezclada co leite para facer a capado chocolate, e cuberta con chocolate que fundimos no microondas. A decoraron con lacasitos.

soprando as 4 velas

Eva, soprando as 5 velas.

Os cumpleaños encargáronse de repartir a tarta así como recoller os pratos e cucharas nunha bolsa de reciclaxe.

 

-Seguimos a elaborar un traballo en torno ás nosas familias, que vos amosaremos cando esté rematado.

 

-Continuamos a crear co material de refugallo do noso recanto de construcción.

 E isto e todo, vos seguiremos contando!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.