Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Traballamos cunha obra de Roberto Vidal Bolaño e celebramos o día das Letras galegas

Traballamos cunha obra de Roberto Vidal Bolaño

Este ano o autor homenaxeado no día das letras galegas 2013 é "Roberto Vidal Bolaño" e a través dunha actividade LIM fomos descubrindo cousas sobre a súa vída e da súa obra.

 

Podes xogar co LIM facendo clic na seguinte captura de pantalla.

Dentro do LIM había un anaco dunha obra teatral, na que aparecía un fragmento en verso que falaba dun home e do seu corpo. 


O meu corpo é un xardín,
como nunca outro vin.
Son o rei!!

No peito nácenme flores
das mais fermosas cores.
Son o rei!!

Na gorxa naceume un pandeiro
que toco con moito salero.
Son o rei!!

Nos pés teño un pirinvel,
e ao andar a todos ledo con el.
Son o rei!!

Os beizos teño queimados,
do bicar dos namorados.
Son o rei!!

 

Con este anaco da obra "Laudamuco", fixemos un mural.

O primeiro foi debuxar a silueta do home da poesía, como era un home pensamos que a forma de facelo era debuxando o contorno do profe Óscar.

 

Por equipos fomos debuxando as diferentes partes da poesía: as flores, o pandeiro, o pirindel e os beizos de lume.

 

Mentras que outros equipos foron escribindo, por parellas, as diferenres estrofas.

 

Por último, outro equipo foi o encargado de repasar a silueta debuxada e de recortala con moito coidado.

 

Fomos pegando os diferentes debuxos nas partes do corpo onde indicaba o poema.

 

Tamén pegamos as diferentes estrofas do texto ata completar o noso "home", que por suposto levaba unha coroa na cabeza porque "era o Rei".

 

Fixémoslle un pantalón cos anacos de tea que usaramos na elaboración da árbore de Nadal.

 

Así quedou rematado o home da poesía da obra teatral "Laudamuco", escrita por Roberto Vidal Bolaño.



Participamos na celebración do día das letras galegas:

O día 15 de maio celebramos no colexio o Día das letras galegas, nós tamén participamos, ademáis de cantando as coplas dos maios, co baile "O bolero" (que cantarían os compañeiros e compañeiras de 1º e  2º).

Ensaiamos varias veces o "Bolero" coa profe Merce.

 

Así de ben o fixemos o día da actuación.

 

Tamén cantamos as coplas dos Maios, tres compañeiros e compañeiras de infantil foron os encargados de cantalas, xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

 

Podes ver máis fotografías da celebración do día das letras galegas desde aquí.

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.