Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Así celebramos as Letras Galegas e os maios

O pasado xoves fixemos na escola unha pequena celebración, moi simbólica polo día das Letras Galegas, e ademáis cantamos os maios.

Éste é o noso maio, elaborado por todos os nen@s e profes do cole.

 

Nos reunimos todos na sala de usos múltiples para dita celebración.

En Infantil Martín, Eva e Aroa encargáronse de cantar cadansúa copla, mentres, inmediatamente despois os nen@s de 6º as repetían bailando ó redor do noso maio.

Tamén nos acompañaban cos paos o resto de compañeiros do colexio, unha vez cantada cada copla.

 

Ademáis en infantil tamén participamos cun pequeno baile enriba do escenario, que foi moi divertido, "Bolero".

(pendiente de foto)

 

Os compañeiros de 1º e 2º tamén fixeron un baile, que nos gustou moito.

Por outra banda, os compañeir@s de 6º elaboraron un traballo co ordenador e nolo proxectaron na pantalla dixital ademáis de lernos algúns anaquiños sobre a biografía de Roberto Vidal Bolaño, así como doutros autores: Castelao, Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro.

E por último, todos desfrutamos da melodía do Himno Galego, que tocaron con xilófonos e frautas os compañeiros de 5º e 6º.

 

Para preparar esta celebración, nas aulas de infantil traballamos en torno a: o autor homenaxeado,

Roberto Vidal Bolaño

A través dun libro lim elaborado polos profes, nos enteramos dalgunhas cousiñas en torno a este autor

como que era de Santiago, ou que ademáis de escribir tamén foi actor de teatro e televisión.

Pincha na imaxe para acceder ao LIM.

Coñecimos unha poesía del, que nos pareceu divertida

e por iso decidimos representala nun mural, ilustrándoa.

 O meu corpo é un xardín

como nunca outro vin.

Son o rei!

No peito nácenme flores

das máis fermosas cores.

Son o rei!

Na gorxa naceume un pandeiro

que toco con moito salero.

Son o rei!

Nos pés teño un pirinvel

e ao andar a todos ledo con él.

Son o rei!

Os beizos teño queimados

do bicar dos namorados.

Son o rei!

Organizados por equipos, xunto cos compañeiros de Infantil 2, levamos a cabo a proposta.

Facer a silueta do "rei" da poesía

Debuxar o que aparecía na poesía, flores, xardín, beizos, pirinvel...

e escribir as diferentes estrofas da poeosía

e por último, colocar todo no mural

 

OS MAIOS

Para colaborar na elaboración do noso maio, previamente vimos algúns videos e fotos dos feitos en anos anteriores e tamén os expostos en Pontevedra na Ferrería.

fixándonos nos materiais que se precisaban e que pediríamos ás familias.

Cando foron chegando,

os fumos levando aos lugares estipulados (aulas de primaria e sala de usos múltiples).

En infantil nos encargaríamos de facer colares coas flores, así que en canto xuntamos moitas, comezamos a curtarlles o tallo,

para xa logo, en dúas grandes ringleiras, colocarnos a ensartar as flores pola tanza.

mirade qué longo! e aínda quedaba....

 

e para logo colocalas no maio, xunto coas que colocaran os compañeir@s de 1º e 2º.

dando alguna ideas cos nosos debuxos de diseños

E xa rematou a festa e as celebracións! pero haberá máis!!

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.