Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Comezamos novo proxecto: OS COCHES DE CARREIRAS

Xa rematado o proxecto sobre "os lobos", andivemos a decidir sobre qué nos gustaría investigar este último mes.

Coma sempre, foron bastantes as propostas, polo que despois de facer unha votación inicial e descartar aqueles temas menos votados, tivemos que decidir entre tres: tigres, médicos e coches de carreiras.

Finalmente, o tema que máis votos recibiu foi o dos COCHES DE CARREIRAS.

 

E así o reflexamos individualmente no papel.

 

Coma sempre facemos, falamos sobre "o que sabíamos" sobre este tema e plantexamos "qué nos gustaría saber", así como "onde buscar a información".

E comezamos a traer moitas cousas unha vez informadas as familias.

DVDs

 

 

información sacada de internet

 

 

de revistas

 

    contos,

 recortes do xornal (circuito de 

Montecarlo)

e ata un neumático gastado  que pertence a un expiloto de Pontevedra que utilizou no seu primeiro coche de carreiras.

 

Ademáis, buscando no diccionario, unha compañeira atopou  un coche derrapando,

 

aínda que non nos fixo falta ler o significado de derrapar, todos víramos o día anterior nun video, carreiras onde algúns coches derrapaban pola velocidade.

Guillermo trouxo posta unha camiseta de Cars e moi gustosamente fotografiouse para o recanto da información.

 

Estamos comezando a organizar a información para utilizar a que precisemos en cada momento.

Hoxe tiñamos psicomotricidade no pabillón e fixemos algunhas actividades e un circuito utilizando o neumático.

Tamén nos fixamos que no neumático hai escritos números e letras, descubremento que plasmaremos no papel e así traballaremos aspectos matemáticos e de lecto-escritura.

Vos seguiremos contando!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.