Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Algunhas actividades e propostas do mes de maio.

Ademáis dalgunhas cousas acontecidas en maio das que xa vos contamos en entradas anteriores, tamén vos temos que contar outras máis que sucederon.

 

*Fumos ó teatro en Pontevedra

O luns 6 de maio asistimos á representación da obra "A caixa de música", que estaba feita con títeres.

Como o tempo non axudou nos tivemos que volver nada mais tomar na merenda, alí no mesmo edificio onde vimos a obra.

 

*Asistimos a un contacontos na nosa escola

Contacontos que a biblioteca do concello organizou para os nen@s de Campo Lameiro o 20 de maio.

Foi moi participativo e algúns compañeiros ata saíron ao esceario a botar unha man ó noso contador de historias.

 

*Asistimos a unha representación teatral a cargo dos compañeiros de 5º curso.

Asistimos expectantes e super atentos

  á representación  que prepararon os nosos compañeiros, que se titulaba "Inventos lunáticos", que resultou divertidísima.

A mesma mañá da función algúns dos actores viñeron á nosa aula a informarnos é entregarnos as invitacións para asistir á representación.

Qué ganas de que chegara o momento!

 

*Celebramos os cumpreanos do mes de maio.

Este mes só estivo de cumpreanos unha compañeira de infantil 2, YAIZA, que soprou 5 candeas.

O día anterior á festa , elaborou a súa tarta e pediu axuda a algúns nen@s para dar acabado o postre, tarta de galletas con natilla de vainilla, froita e unha capa de chocolate fundido.

 

Coma sempre, desfrutamos moito cantandolle á homenaxeada e por suposto coa degustación da tarta e das patatiñas e gusaniños.

 

*Prantamos na horta.

Como as nosas prantas creceran bastante,

era o momento de cambialas a un lugar con máis espacio, terra, auga..así que fumos a prantalas á horta.

Inicialmente as sementes eran de margaridas, pensamentos e claveis pero como non daban crecido moito acabamos sementando guisantes de olor e istos son os que prantamos na horta.

..

 

Así quedaron todas nunha ringleira

agora hai que estar atentos de que non lles falte a auga, aínda que co que estivo a chover....

  Ademáis, con pinceis e témperas, fixemos uns debuxos dsas nosas prantas dende que eran sementes ata que creceron e se convertiron no que son agora.

Coma sempre facemos coas nosas creacións, as colocamos nun recanto da aula para expoñelas, feita cada unha en función do ritmo madurativo e da creativdade de cada un.

Previamente visionamos un video que nos encantou que describe visualmente moi ben este proceso de xerminación e crecemento dunha pranta.

 

*Continuamos co nosa proposta das formas xeométricas e a liña.

Só nos faltaba elaborar o mural con diferentes tipos de materiais e texturas e tratando de que a nosa creación fora feita a partir da liña e as distintas formas xeométricas.

Levamos a cabo a proposta  organizados por equipos, que o encargado fixera para o traballo e os recantos do día.

Tiñamos material variado: papeis de  cores, celofán, cremalleiras, , cintas do pelo, cordóns, bandexas cartón, anacos de teas.....ademáis da cola.

 

Estes foron os equipos e o resultado, as nosas obras.

 

 

 

Noutra sesión diferente nos volvimos xuntar para rematar a obra engadíndolle con témpera e pinceis o que consideráramos que podía necesitar. Tiñamos que elixir tres cores únicamente e estar de acordo todo o equipo.

E así quedou:

 

 

 

E finalmente só quedaba observar a nosa obra e decidir qué título lle poñeríamos en función do que nos suxerira a composición.

Os títulos que se decidiron finalmente:

-"Formísimas geométricas".

-"Estrelas".

-"Peliqueiro".

 

Desfrutamos moito coa actividade e avanzamos un pouquiño no traballo en equipo, na valoración das aportacións dos outros, na autoestima, na creatividade e imaxinación e en moitos outros contidos curriculares.

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.