Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Rematámo-lo curso buscando o tesouro

Como cada ano, ó ultimo día de curso, participamos na búsqueda do tesouro. Xunto, os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil fomos superando unha serie de pistas ata chegar ó final.

Neste ocasión organizámonos en tres equipos, cada un deles asociado a unha cor, e cada un deles dirixido por un dos profes.

  • OS FARAÓNS (Óscar)
  • OS LOBOS (Ángela)
  • OS PILOTOS (Merce)

 

O primeiro foi buscar cadanseu nome nun dos tres "listados" que había polas dúas aulas de Infantil, e organizarse xunto ó equipo que lle correspondera. Para elo había unha fotografía de cada equipo pegada en cada mesa.

 

E así quedaron finalmente os tres equipos:

OS PILOTOS: 

 

 

OS FARAÓNS:

 

OS LOBOS:

 

 

O primeiro foi descubrir por nos mesmos onde se atopaba a primeira pista, despois de valorar diferentes opcións, cada equipo deuna descuberto debaixo da súa mesa.

 

Todos xuntos lemos a primeira pista... e comezamos o xogo.

A partir de aquí, cada un dos equipos atopou as seguintes pistas pero en distinta orde, para non encontrarnos polo camiño, pero todas nos levaron ata o tesouro final:

 

A SEGUINTE PISTA TEN MOI BO “OLOR”. PERO COIDADO IGUAL ESTÁ CHEA DE TERRA!!

Descubrimos que tiñamos que ir ó patio, onde plantaramos os guisantes de olor, para atopar a seguinte proba para poder chegar ata a seguinte pista.

 

Nela descubrimos que cada capitán do equipo, tiña que conseguir facer unha fotografía o resto dos seus compañeiros, organizándoos para que saisen todos eles.

 

Así de ben quedaron as fotos de cada equipo. Proba superada!... xa podíamos ler a seguinte pista

 

 

 

A   TARTARUGA  NON  PODÍA DURMIR PORQUE SEMPRE CHAMABAN Á PORTA PARA DARLLE REGALOS. A PISTA ESTÁ NO OBXECTO QUE LLE AXUDABA A DURMIR.

Lembrando o conto que escoitaramos días atrás chegamos á conclusión de que se trataba dun reloxo, así que fomos buscando entre os reloxos do colexio ata dar coa pista da nosa cor.  Cada reloxo estaba nun lugar diferente: no corredor, na sala de mestres/as e na aula de primeiro.

 

Cando limos a proba descubrimos que había que ir á aula de música, e alí debuxar entre todos un reloxo, pero tiñamos unha única folla e un lapis, polo que tivemos que organizarnos previamente.

Cando rematamos de debuxar o reloxo puidemos ler a seguinte pista

 

PARA ATOPAR A SEGUINTE PISTA TERÁS QUE RESOLVER UN XOGO, QUE NON É EXIPCIO PERO PODERÍA SELO. EN QUE AULA ESTARÁ?

Como os de Infantil 2 investigaron os Exipcios pensamos que na súa aula debería estar o xogo que tiñamos que resolver... sería tan difícil como un xeroglífico?

 

 

Tratábase de montar un percorrido para que o cabaleiro puidese rescatar á princesa, empregando só as pezas que indicaban. Tardamos un anaco para resolver este xogo de lóxica, pero foi moi divertido.

O final conseguimos ler ó contido da seguinte pista.

 

CHEGOU A HORA DE XOGAR CUN DADO. NON SABEDES ONDE ESTÁ? ENCENDEDE OS  MOTORES E SEGURO QUE DADES CO LUGAR.

Seguro que estaba na aula de Infantil 1, onde estaban a investigar sobre os COCHES, así que cara aló marchamos a xogar co dado. Había que tirar todos alomenos unha vez, e xuntar 40 puntos (pegándoos con gomets)...

Tardamos un anaco en xuntar tanto punto... pero demos superado a proba e podiamos ler a seguinte pista:

 

COIDADO COA BRUXA QUE ESTÁ VIXIANDO A SEGUINTE PISTA... COLLÉDELLA CON COIDADO NON SE VAIA A ENTERAR.

Despois de pensar un anaco e de debatir disintas alternativas, chegamos ó acordo que tiñamos que ir á Biblioteca, onde había unha bruxa, para buscar a seguinte pista:

Achamos a seguinte pista dentro dun libro de Exipto, coches e lobos respectivamente.

 

A seguinte pista era diferente para cada cor, porque nos levarìa onda tres mestres e mestras distintos. Velaquí os tedes:

 

A SEGUINTE PISTA TENA ALGUÉN QUE MANDA MOITO NO COLEXIO... IGUAL O ATOPAS NO SEU DESPACHO. 

A pista de cor rosa tíñaa o profe TIRSO.

 

 

HELLO HELLO, VIDEO BUSCAR A PISTA.

Tíñaa a profe LOLI, porque estaba rescrita en inglés.

 

A SEGUINTE PISTA TENA A NAI DUN COMPAÑEIRO. TEREDES QUE IR Á SÚA CASA? 

Descubrimos que a tería a nai de NICO que era a profe de quinto, así que marchamos cara a súa aula.

 

Xa coa nosa pista na man puidemos continuar a búsqueda do tesouro.

 

XA ESTÁS PRETO DO FINAL... NA AULA DE INFANTIL 1 ATOPAREDES A ÚLTIMA PISTA.

Cando chegamos á aula de INFANTIL 1 estivemos buscando a última pista, que estaba moi agochada... pero demos con ela.

Atopamos un sobre da cor do noso equipo, e dentro atopamos "xeroglíficos expicios", que tiñan un número detrás.

 

Como cada equipo só tiña unhas poucas "letras" exipcias tivemos que agardar a que chegaran os demáis equipos para completar o xeroglífico. 

 

Despois da festa de cumpreanos, que vos comentamos na entrada anterior, demos rematado de resolver o xeroglífico.

SARCÓFAGO!! , alí e onde estaba o tesouro.

 

Dentro atopamos un bolígrafo fantástico para cada un, ademáis de servir para escribir e debuxar, facía pompas e tiña un selo para estampar na parte superior. Cada quen escolleu o que máis lle gustaba.

 

E así rematamos o curso, con este xogo tan fantástico.

Vémonos novamente o próximo curso, con novos compañeiros e compañeiras de tres anos, ata entón:

 

BO VERÁN A TODOS E TODAS!

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.