Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

( 2013-2014) NOVO CURSO, NOVOS COMPAÑEIR@S- Os primeiros días

Comeza un novo curso e algúns compañeir@s marcharon a primeiro e outros nov@s chegaron.

Aquí estamos todos!!

CARLA - DAVID - AROA - GUILLE - DIEGO - SARA - XIÁN - IVÁN

ALBERTO -IKER - ÁLVARO - LUCAS - DANIELA

 

 

Estes tres primeiros días nos serviron de toma de contacto coa nova escola para os máis pequenos e para os que xa nos coñeciamos do curso anterior como una pequena adaptación despois do vran.

Pero os compañeiros máis pequeniños todavía teñen un camiño que percorrer na súa adaptación á escola e entre todos lles botaremos unha man para facerllo un pouquiño máis doado.

Aquí vos amosamos algúns momentos da xornada para os que se estreaban e para o resto, momentos de xogos, de contos, de novos espacios e materiais por explorar.

 

Benvidos!!!!

Álvaro

 

Daniela

 

Lucas

Atopamos momentos para crear coas cores, as tixeiras e os gomets. Qué gañas tiñamos de estar todos xuntiños pois máis non collíamos xa na mesa e iso que temos mesas dabondo...

e para escribir....

 

Xogamos no recanto das construccións

no recanto da casiña

e algún que outro ata fixo unha chamada a casa a ver qué tal por alá

 

modelamos coa plastilina

 

limos contos

 

e ata nos reunimos na biblioteca da nosa aula para recordar cómo van colocados os libros e tratar de mantela ordeada.

 

Como tod@s trouxemos unhas mochilas chulísimas, lles fixemos fotos e escribimos sobre elas e as persoaxes de cada unha.

 

Para a semana seguiremos avanzando na entrada na escola e temos moitas propostas para traballar nelas. Xa vos contaremos!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.