Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) Comezamos noso diccionario empregando o muro das palabras

Un dos libros favoritos da nosa aula é o DICCIONARIO xa que nel podemos atopar motísimas palabras. Tanto nos gusta, que desde este curso cada un de nos terá o seu propio diccionario que o acompañará ó longo dos tres anos de infantil.

Tal como xa vos explicamos nunha entrada anterior, entre todos "construimos" un muro no corredor ó lado das dúas aulas, estabamos a constuír "o muro das palabras".

 

No muro das palabras, cada semana teremos que escribir e pegar, palabras (coa súa imaxe) da letra que escollamos para ese tempo.

Para pensar e descubrir que palabras podemos poñer no muro, os luns xuntámonos as dúas aulas diante del, escollemos a letra protagonista e imos propoñendo palabras para o muro. Só nos serven aquelas que comecen pola letra "protagonista", así que ás veces temos que discutir e argumentar se unha palabra serve ou non para esa semana.

Unha vez decididas as palabras do muro, repartímonolas entre as dúas aulas, e escribímolas  entre todos e todas no encerado.

 

Por parellas imos escribindo as palabras que nos corresponderon en anacos de papel, asegurándonos de que non falte ningunha letra. Por último pegámola no muro no lugar que a parella decida.

Coas palabras xa pegadas chega o momento de buscar no ordenador (no diccionario online que temos no recanto de infantil desta web) as imaxes de cada unha das palabras. Para conseguilas temos que escribir correctamente cada palabra.

 

Ó imprimilas cada parella consegue unha imaxe grande e moitas pequenas. A de maior tamaño será a que cada parella ten que pegar no muro, para o que debe ler entre tódalas palabras aquela que se corresponda co debuxo.

As imaxes máis pequenas empregámolas para incluílas no noso diccionario persoal, chegado o seu momento.

 

Ó longo da semana, en determinados momentos, imos escollendo "algunhas palabras" (segundo a idade de cada quen) para incluilas no noso diccionario.

 

Cada semana temos que buscar no noso diccionario, a letra protagonista, escoller as palabras que máis nos gusten do muro (tanto escritas por nos como polos compañeiros/as da outra aula), escribilas no noso diccionario e pegarlle a imaxe correspondente.

Para facer todo isto precisamos: organizarnos no espazo para poder escribir todos xuntos, discriminar/ler/intuír as palabras que escollemos empregando a imaxe como axuda visual, organizar a escritura das palabras no papel, empregar correctamente a direccionalidade, organizar o espazo entre a palabra e a imaxe...

 

Os máis pequenos tamén completan o seu diccionario, buscando a letra, recortando e pegando a súa palabra favorita de todas as que hai no muro.

 

Co paso dos cursos, poderán obvservar como foi evolucionando a súa escritura e organización no espacio, cando volten a completar o seu diccionario con novas palabras para cada letra protagonista do muro das palabras.

 

Cada luns, unha vez rematada a semana da letra protagonista do muro, retirámolas do mesmo e pegámolas no "gran diccionario" que temos pendurado on da o muro, de xeito que poidamos consultalo sempre que queiramos e o precisemos.

 

Cada día nas entradas, saídas e no recreo podemos observar máis polo miuido o contido do noso muro das palabras, incluso compañeiros e compañeiras de outros cursos veñen a visitalo para ver que palabras escollemos cada semana e para buscar no gran diccionario que temos pendurado.

 

O día a día da aula irá facendo aparecer novas palabras que iremos incluindo no noso diccionario (e no muro se esa semana é a súa letra a protagonista), en todo caso  podemos aportar novas palabras ó muro sempre que queiramos a medida que vaian xurdindo... incluso as que poidades propoñernos, se vos animades.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.