Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) Preparámo-la celebración do Magosto-Samaín

Este curso iamos celebrar o Samaín e o Magosto o mesmo día, así que despois de marcalo no noso calendario, fomos preparando algunhas cousas para poder participar en ámbalas dúas festas.

Deseñamos a nosa cabaza para o Samaín nunha nota que levamos para as nosas casas, onde tamén anotamos que precisabamos traer un cartón de leite valeiro.

 

Para facer que o corredor de infantil dese "moito medo" fixemos estes simpáticos morcegos para pendurar do teito.

 

O profe deunos unha plantilla de cartón e dous rectángulos de cartolina negra, pero non quixo dicirnos como facelo... con eles había que facer o morcego... despois de analizar o modelo, de razonar un anaco e de probar varias ideas, cada quen deu atopado o modo de convertir ese material nun morcego.

 

Así fomos facendo unha chea de morcegos, xunto ós dos compañeiros e compañeiras da outra aula eran unha chea deles.

 

Axudamos á profe Ángela á penduralos do teito.

 

Pero tamén aproveitamos para xogar con eles... podían meterse polas mans e facer que voaban, foi moi divertido.

 

Así de terroríficos quedaron pendurados no teito os nosos morcegos.

 

Tede coidado non vos vaian a morder :)

 

Participamos tamén no elaboración do mural conxunto que había na entrada do centro, decorando uns simpáticos monstruos.

 

Despois de recortalos, algúns decidiron pegalos polas paredes e portas do corredor.

 

E outros no mural do esquelete que había na entrada, onde había outras cousas terroríficas pegadas polo resto dos compañeiros e compañeiras do colexio, que saían da pota.

 

Pouco a pouco fomos traendo as nosas cabazas para a exposición do Samaín, estas foron as seis primeiras que chegaron á nosa aula.

 

As demáis chegarían finalmente o día da festa co que foron directamente para a exposición. 

 

Estarán por aquí...

 

Ou aquí?...

 

Xuntamos moitísimas entre tódolos compañeiros e compañeiras do colexio.

 

Preparando o magosto:

Para preparar o Magosto, o primeiro que fixemos foi ler o conto "Os bolechas fan un Magosto", pero nesta ocasión puidemos velo na pantalla e lelo entre todos e todas. [Podes ver este conto aquí]

 

Tal como dicía no conto, era importante que as castañas estivese "picadas" para que non estoupasen ó asalas, así que revisamos as que fomos traendo para ver se estaban correctas ou non.

Fomos clasificándoas en dous conxuntos, as picadas debaixo da mesa das cabazas, e as que non o estaban nunha bolsa.

 

O profe foi picando as castañas que non estaban correctas, e desde ese momento podían xa formar parte do conxunto de castañas preparadas para a festa do magosto.

 

 

E chegou o día da celebración:

Antes de comezar as celebracións preparamos o noso cesto-pote de castañas, pegándolle o lume no lateral.

 

A meirande parte viñemos disfrazados, e aqueles non o fixeran, e quixeron, puideron empregar os difraces que tiñamos na aula... así enchemos a nosa aula de esqueletes, bruxas, vacas de samaín, princesas terroríficas... e ata o profe se convertiu en vampiro, aínda que máis que medo daba risa;)

 

Curiosamente algúns coincidimos no mesmo disfraz... o cal nos pareceu moi divertido.

 

Xa estaba todo preparado para a festa... imos aló?

 

Podes ver todo o que fixemos e o ben que o pasamos na seguinte entrada.

"Participamos na celebración do Magosto-Samaín".

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.