Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) Temos novo proxecto de traballo: OS CANS

Estes últimos días decidimos de xeito consensuado cal era o tema sobre o que queremos investigar: OS CANS.

Aínda que a votación estivo moi difícil xa que había outro tema que tamén interesaba a outro grupo de nenos/as: os barcos. Quizais, cando rematemos, poidamos  embarcarnos neste outro tema...

O primeiro paso foi deixar rexistradas as ideas previas que tiñamos sobre este tema QUÉ SABEMOS?

A continuación o diálogo xirou en torno ao

QUÉ QUEREMOS SABER?

 

e por último, pensamos e suxerimos

ÓNDE BUSCAR E ATOPAR INFORMACIÓN?

- Ordenador.

-Tele.

-Revistas.

- Xornais.

-Películas.

-Casa. A familia.

-Enciclopedia.

-Tendas de mascotas.

-Libros.

 

Escribimos unha nota a casa explicando sobre o novo proxecto para na medida do posible, contar coa colaboración e as achegas das familias na procura dalgunha información.

Polo momento xa temos no noso recanto do proxecto material dabondo para comezar. Gracias familias!

Revistas de cans e todo tipo de fauna.

Información en textos e imaxes sacada do ordenador ou fotocopiada de libros e enciclopedias.

 

 Libros e contos de animais (neste adica unhas cuantas páxinas ás razas de cans e outras curiosidades).

Un compañeiro incluso trouxo tres cans de xoguete que son igualiños aos que ten él na casa (da mesma raza, cal será?).

Unha poesía de Gloria Fuertes e ata carteis.

 

Toda a información a imos colocando nunhas mesas adicadas ao proxecto

 

e ademáis temos na estantería da bibliteca uns espazos reservados para os contos de cans, que aínda que non son fonte de información necesariamente senón máis ben de lecer e entretemento, tamén nos aportarán datos e vocabulario.

Seguiremos contándovos.

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.