Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

AULA DE INFANTIL 1 E DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: Colaborando coas titorías nun sociograma moiiiiiiiii especial...

Continuando na liña de traballo de colaboración por parte do Departamento de Orientación coas titorías, esta semana levamos a cabo un sociograma moi especial na aula da profe Ángela, como todos sabedes, a aula de Educación Infantil 1 da nosa escola.
Que é un sociograma? Por que o aplicamos en educación infantil?
Pois moi simple, trátase dunha ferramenta moi práctica que serve para por exemplo avaliar as relacións entre os nenos e nenas dunha aula, descubrir afinidades, valorar posibles conflictos que poidan existir, encamiñar agrupamentos para traballar de xeito colaborativo, etc.
Neste caso, na aula de Educación Infantil 1, con un modelo de sociograma adaptado pola especialista en Audición e Linguaxe e de Pedagoxía Terapéutica, conseguimos achegarnos a aspectos dos que máis arriba mencionamos dun xeito lúdico, e tamén deunos pé a comentar outros como por exemplo, a atención, a participación, trazos, creatividade, vocabulario....
E que, actividades moi sinxelas, dan moito xogo, a que si?
Pois aí vai a nosa experiencia, que foi amena, divertida e moi constructiva, e que nos gustaría poñer mais veces en práctica en mais aula, xunto con outras moitas que xa vos iremos aportando.
O traballo comezou así:
- Moi atentos, e coa técnica de " lápices ó centro" ( e dicir, escoitamos primeiro as consignas, pensamos e por último escribimos), debuxamos a nosa silueta, ou como nós nos vemos.
A ver....algunhas fotiñossssss..... deste 1º paso:
SorinteBico 
 
E, a continuación o que fixemos foi recrear o noso esquema corporal nun debuxo.
Aquí puidemos observar as profes aspectos moi interesantes, como o xesto gráfico, o autoconcepto, a creatividade, integración de esquema corporal.
Qué curioso, hai casos nos que se identifica fácilmente a cada neno ou nena sen apenas pistas....o debuxo é totalmente fiel....Sorprendido encántounos este paso do traballo... 
Ahí van algunhas fotos deste apartado:
 
Despois, comezou a parte  mais difícil de todo isto:
Ir rotando polos folios dos compañeiros e adicarlle algo que lle gusta, co que sabemos que se sinte identificado, algo que nos gusta de él, algún xogo que nos guste facer xuntos....en fin, vamos a ver si nos coñecemos de verdade, e si a todos nos apetece poñer algo ós demais compañeiros, cousa que, en ocasións sucede que non, e que tamén forma parte do sociograma.
Mirade como foi a cousa..... non é fácil!!!- parece pensar aquí Daniela.....
 
 
 
 
 
 
Pero fomos avanzando, e así foron quedando os debuxos iniciais, customizados, e decorados, co cal resultou que, ademais traballamos a composición e a creatividdade.
 
Qué galería de arte e de emocións!!!!!
 
 
 
 
 
 
E, por último fixemos unha posta en común en asamblea, onde, cada quén recibiu a súa folla toda cheíña das aportacións dos demais, e fomos vendo si por exemplo:
 
- A Aroa lle gustaban as verduras que lle puxo a súa compañeira Carla.
 
 
 
 
 
 
Si a serpe que Lucas lle fixo a Alberto, lle gusta tamén...
 
 
 
 
 
E, si fomos acertando nos gustos, aficións e adicatorias concretos que fomos facendo ó longo do traballiño proposto ó resto dos nosos compañeiros....
 
Esta é a parte máis productiva da tarefa dado que puidemos ver:
 
- As relacións concretas entre determinados nenos e nenas.
- Nenos e nenas máis "populares" no grupo.
 
- Aqueles e aquelas que, realmente apreciaron o que os compañeiros lle adicaron porque teñen afinidades.
 
- Valorar e reeducar situacións nas que, algún neno cree que nadie lle vai facer adicatorias e resulta que sí, que o aprecian e que se mostran interesados en él /ela e nas súas preferencias. 
 
- Valoramos tamén a atención, a participación, o traballo en equipo....
 
E, agradecemos a Angela, a titora, que nos deixase a súa aula como " laboratorio" de esta actividade, que foi moi interesante e productiva.
 
Esperamos seguir colaborando e coñecendo ós nenos e nenas.
 
Aburrrrrrrrr¡¡¡¡¡¡¡ 
 
 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.