Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) Salón do libro Infantil- preparamos un libro e participamos nun traballo conxunto.

O mes pasado adicamos unhas semanas, para, de xeito paralelo a outras tarefas diarias, traballar en torno ao Salón do libro Infantil de Pontevedra.

 

Na nosa aula, para comezar,  vimos na páxina do cole,a visita do curso pasado ao Salón do libro en Pontevedra e comentamos cos máis pequenos, o máis significativo ou anecdótico. Así como os nosos traballos, que os temos no corredoiro da pranta baixa.

Como paso previo fixemos unha choiva de ideas, tratando de recordar contos que coñecíamos nos que os alimentos tiveran un papel importante.

 

A nosa tarefa final consitía en  CREAR UN LIBRO DE PISTAS DE CONTOS DE ALIMENTOS OU NOS QUE OS ALIMENTOS XOGABAN  UN PAPEL IMPORTANTE.

Así saíron bastantes, e tras descartar algún que non nos convencía, éses foron os que utilizamos para levar a cabo a nosa tarefa final:


Nesta ocasión, as propostas que levamos a cabo foron por parellas.

Adicábamos un par de días a ler o conto, falar del, traballar a comprensión, nalgunhas ocasións dramatizar algunha parte da historia, e pensar entre todos nas "pistas" que cada parella escribiría para que a persoa que estivese léndoo puidese adiviñar de que conto se trataba, xunto cos debuxos dos alimentos e finalmente facer a comprobación na parte traseira, onde estaba a portada, creada por nós dun xeito especial: con material natural e de refugallo que temos na aula no nos recanto (tapóns de distintos tamaños, pedras de granito, cantos, de cores, follas, millo, tacos de madeira, rolos de celo baleiros, tubos de cartón,...e calquera suxerido polos nen@s).

Así, Diego e David se encargaron de traballar sobre "A mosca chosca"

aquí están representando a portada, que quedou así

faltaba engadir o título, escribir as pistas que entre todos suxerimos e representar os alimentos do conto: a TARTA.

 

Carla e Aroa representaron a portada do conto "A princesa e o chícharo".

Guille e Sara representaron a portada de "Unha eiruga moi larpeira".

a eles ocurréuselles poñerlle de antenas dous lápices, aínda que non estaban dentro do material do recanto.

Neste conto sí que saen alimentos....tiveron que debuxalos todiños!!

 

Xián e Iker compuxeron a portada de "Tío lobo".

aquí están debuxando e representado os alimentos do conto con recortes de revistas do super: PAN, VIÑO, FILLOAS.

 

Iván e Alberto representaron a portada de "Hansel e Gretel" tamén coñecido como "A casiña de chocolate".

 

Álvaro e Lucas encargáronse de representar "O polo Pepe".

O título normalmente o escribían ou o facían con selos coas letras. Neste caso esta parella encargouse de facelo con letras de madeira, que fotografiamos e pegamos posteriormente.

   

Aquí os nosos compañeiros están representando o millo e o trigo para a parte das pistas.

 

E por último, Daniela (como somos impares, quedaba ela así que escolleu a un compañeiro) e Diego encargáronse de representar "As fabas máxicas".

os nosos compañeiros entusiasmáronse tanto co material, que non se ceñiron á portada e deixaron voar a imaxinación....moito..

 

De xeito simultáneo, cada día o resto de compañeiros cubríamos unha ficha para un dossier final, onde reflexábamos o título do conto, a parella de compañeiros responsables dese conto, o alimento ou alimentos protagonistas e algunha persoaxe do conto.

Deste xeito escribíamos (copiado do encerado dictado por todos á mestra), representábamos a través do debuxo, discriminábamos as parellas de cada conto

ademáis de montar coas letras móviles algunhas palabras significativas dos contos: chícharos, chocolate, tarta, millo, filloas,...

Ademáis, participamos na elaboración dun traballo común, xunto cos compañeiros de Infantil 2 e os de 6º.

Os profes elaboraron con cartón unha cociña de ferro e nós, en infantil, encargámonos de pintala toda de negro e barnizala con alqui;

Os compañeiros de 6º encargáronse de colocarlle todo o necesario para que parecese unha cociña (termostato, e demáis pezas,...) e así quedou!

e o que vedes enriba da cociña é unha tarteira, sí, pero unha tarteira moooi especial, porque é o noso libro de pistas, que finalmente chamouse "CALDO DE PISTAS".

Para facer a tarteira, entre todos fumos pegando con cola láminas de cartón unha enriba de outra, facendo unha torre

como non acababa de ter forma de tarteira, lle engadimos papel de xornal que tapamos con ironfish plateado, ata conseguir o que xa vos amosamos.

A profe encargouse de plastificar e encadernar o noso libro e buscar o xeito de pegalo á tapa e á base da tarteira.

Na seguinte entrada vos amosamos cómo quedou.

 

Creamos historias en torno á cociña.

Os compañeiros de 5 anos debuxaron as cociñas das súas casas e decidimos crear historias na nosa cociña.

LLas dictábamos á profe, que as escribía no ordenador e despois de varias revisións e algún cambio que considerábamos meter a veces nalgunha das historias, finalmente as ilustramos para incluílas no libro pizza que os compañeiros de Infantil 2 crearon.

Se premes aquí poderás ler as nosas historias.

 

 

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.