Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) Así nos foi no mes de febreiro

Xa quedou atrás o mes de febreiro e neses días tivemos moito, moito trasiego. Por un lado, o Entroido, por outra banda, a preparación do Salón do Libro Infantil de Pontevedra, a celebración dos cumpreanos dunha maneira diferente, ademáis de o remate do proxecto de cans, do que faremos unha entrada próximamente.

Ademáis de todo isto pasaron outras cousas:

O San Valentín-

No cole, todos os anos os mestres preparan un recanto no corredoiro para enviar mensaxes de paz, amor ou amizade nesta data.

Nós non íamos ser menos así que tamén participamos nesta proposta.

Homenaxe a Rosalía de Castro-

Os alumnos de todo o colexio e os mestres tamén participamos nunha xornada especial e diferente na biblioteca, recitando, cantando, lendo a esta autora galega tan recoñecida.

Na aula, previamente xunto cos compañeiros de Infantil 2, visionamos na pantalla fotografías desta escritora, para saber cómo era, e puxemos en contadas ocasións a poesía cantada por Uxía, que nos recitaríamos e cantaríamos.

Coincideunos na semana do entroido e así de divertidos e coloridos estamos todos cos nosos disfraces.

Ademáis nesa semana que o Meco dicía cómo vir vestidos ao cole, un dos días tivemos que vir con toalla, bañador e gafas de sol, e aproveitamos  que tiñamos as nosas toallas para estiralas ben pola aula e merendar sobre elas, coma se estivéramos no campo nun picnic.

Outros compañeiros simulaban que estaban subidos a un barquiño.

 

Camiños-

Un dos contos cos que traballamos para o Salón, Hansel e Grete, deunos pé a facer propostas sobre camiños, na aula de psicomotricidade con distintas actividades e xogos e tamén aproveitamos un día de témpera para levar a cabo un dos nosos murais colectivos que tanto nos gustan.

Aquí estamos expectantes antes de explicar a proposta dese día.

Cando rematamos de facer os nosos "camiños", 

faltaba engadirlle algo importante, as nosas pegadas movéndonos por eles.

Aproveitando que ese día estivemos a imprimir a nosa pegada nun folio ó lado da pegada dun can (para despois poder escribir sobre as diferencias)

 

tamén imprimimos a pegada de cada un no mural.

Xa con todas as pegadas expostas na pizarra fixemos un exercicio de observación tentando decidir cál era a máis grande e cal a máis pequena, exercicio complicado pois había moitas que parecían case iguais.

A máis grande ou longa o tivemos bastante claro, pero coa máis pequena ou curta, foi máis difícil poñerse dacordo.

 

Tamén seguimos a levarnos a Quique ás nosas casas.

Un dos últimos compañeiros en levalo, ademáis de contarnos en asemblea  o que fixo con Quique e que está reflexado na libreta, nun momento de ocio na clase, lía o libro con outros compañeiros, amosándolles todo orgulloso a súa parte.

Nunha próxima entrada vos contaremos ben máis cousas sobre Quique, pois ata o de agora non puidemos.

Ata pronto!

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.